A Confederación intersindical Galega (CIG) convocou
manifestacións nas sete grandes cidades de Galicia o próximo 1 de xullo
"contra a estafa do rescate" aos bancos españois. Antes, este venres 15
de xuño, haberá concentracións de delegados nas principais bisbarras da
comunidade.
A Executiva Confederal da CIG acordou promover as devanditas mobilizacións nunha reunión celebrada este luns, ademais de decidir poñer en marcha unha campaña de información e sensibiilización nas empresas e na vía pública.
Para a Executiva, o rescate suporá "a transferencia da débeda dos bancos ao sector público", porque o Fondo de Estabilidade Europeo "a quen lle presta o diñeiro, realmente, é ao FROB", segundo reproba a central nacionalista nun comunicado.
"Isto terá como consecuencia un incremento significativo do déficit e da débeda pública e levará aparellada a esixencia de novas medidas de recorte que empeorarán aínda máis as condicións de vida da clase traballadora, da maioría social, hipotecando, ademais, o futuro da nosa xuventude," advirte.
Suso Seixo, denuncia, a través da nota, que "a situación en que se atopa o Estado español non se debe a que houbese moita débeda pública, senón a débeda privada", "pola que foron contraendo as entidades financeiras españolas con entidades financeiras dos países europeos".
Resalta que a devandita débeda está "moi vinculada" á burbulla inmobiliaria e ao feito de conceder créditos "de forma xeneralizada e irresponsable", o que deu lugar, segundo o argumento de Seixo, a "un enorme burato negro que teñen que pagar nos próximos meses e para o que non teñen recursos".
As consecuencias do rescate son "gravísimas", alerta, antes de asegurar que as axudas ao sistema bancario non garantirán que flúa o crédito á pequena e mediana empresa. "Vai agravar aínda máis a situación", avisa.
Por iso, a CIG acordou promover mobilizacións para denunciar "o saqueo dos bancos e dos gobernos á clase traballadora", ademais de coa intención de esixir responsabilidades e demandar que o Estado "non pague a débeda ilexítima, consecuencia da especulación".

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.