Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de junio de 2012

ELECCIONS NO CRDO RIAS BAIXAS CON POUCA PARTICIPACION



Participación escasa e desigual nunhas votacións que se desenvolveron sen incidencias. Isto é o que mellor define as eleccións ó Consello Regulador da DO Rías Baixas que se celebraron este domingo. Dun total de 5.507 persoas chamadas a votar só exerceron o seu dereito 1.207. 
 

No censo das adegas de menos de sesenta mil litros saíron elixidos Cabaleiro do Val por Adegas Artesáns e Eulogio Pomares pola Asociación de Empresarios Adegueiros Rías Baixas. No tocante ós viticultores con menos de dúas hectáreas, no Salnés-Ulla saíron elixidos dous vocais de Unións Agrarias e un de Xóvenes Agricultores. 



 
No Condado do Tea gañou o Sindicato Labrego Galego e no Rosal, de novo, Xóvenes Agricultores. Finalmente no caso dos viticultores con máis de dúas hectáreas terán representación no pleno Xóvenes Agricultores con tres vocais, un Unións Agrarias polo Salnés e outro a Asociación Galega de Viticultura no Condado. 


 
Agora estes once vocais únense ós once xa coñecidos por representar a aqueles censos nos que non foi necesario a celebración de eleccións. É o caso da adegas de máis de sesenta mil litros no Salnés onde quedaron proclamadas Adegas Pazo de Fefináns, Adegas Gerardo Méndez e Pazo de Señoráns. Por último, no que se refire ás Cooperativas estarán representadas Condes de Albarei, Martín Códax, Cooperativa Vitivinícola Arousana e Viña Almirante.
 
E tanto viticultores como adegueiros confesaron que o que terá que facer o pleno a partir da súa constitución será traballar conxuntamente para que se manteña a calidade e o prezo. 
 
Agora só resta que o pleno se constitúa entre os días once e 22 deste mes co seu novo presidente á cabeza, aínda por elixir. Segundo os vocais cos que tivemos a oportunidade de falar, o novo representante terá que ser unha persoa neutral, con carácter e representativa do sector.





 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.