Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de junio de 2012

FESTA DO VIÑO TINTO 2012








En total saíron elixidos seis tintos de Barrantes e outros seis viños autóctonos. Alberto Rodríguez, de Barrantes recibiu o primeiro premio na modalidade tinto Barrantes, mentres que Marta Vázquez, veciña de Leiro, impúxose entre os colleiteiros de autóctono. Os premios recibíronos tralo banquete de confraternidade no que participaron máis de 500 persoas.



 
Foi o colofón á xornada do sábado que se iniciou co tradicional paseo de autoridades desde o Concello ata a Carballeira, entre as que estivo a ministra de Fomento, Ana Pastor, o conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, o presidente da Deputación, Rafael Louzán, e varios alcaldes da comarca, encabezados pola anfitriona Salomé Peña. 



 
Outros protagonistas foron os novos valedores da Honorable Orde do Tinto do Salnés. A primeira en xurar foi María Teresa Cuíñas, unha das promotoras da Festa. Seguíronlle o adegueiro Juan Emilio Serantes, polo seu interese polas variedades autóctonas, e o xornalista irlandés Adrian McManus, por divulgar estes caldos. Tamén xuraron a edil de Cultura de Ribadumia, Susana Fandiño, e o alcalde de Meaño e deputado provincial Jorge Domínguez. 
Como vedes todo un exercicio de pluralidade.



 
 Ademáis a partir desta edición o Tinto do Salnés terá como embaixador a Floreano, a personaxe creada polo debuxante grovense Gogue. Outro que tamén ensalzou o tinto do Salnés foi o pregoeiro, o actor Federico Pérez.







 
A Festa do Tinto cumpriu 40 edicións. E segundo o balance do Concello, desde o venres, e ata primeiras horas 


da madrugada do luns, preto de 30.000 persoas pasaron polo municipio. No que respecta á venta de viño, despacháronse aproximadamente 15.000 botellas. 


O domingo, entregáronse os premios do primeiro concurso de comic da Festa do Tinto, que gañou Manuel Abal Mosteiro.


 E ademais celebrouse o Festival de Bandas. Nesta ocasión actuaron a Agrupación Músico Cultural de Ribadumia, a Banda Municipal de Ribadumia e a Banda de Música de Salceda.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.