O Concello de Cambados organizou a ludoteca de verán de maneira que se sitúe no colexio infantil da Pastora e a comunidade escolar volve manifestar o seu rexeitamento á medida alegando que lle supón un trastorno na súa organización interna.
O claustro e o consello escolar reuníronse onte
tarde de forma extraordinaria para abordar esta cuestión e o acordo foi
unánime. Pero a pesar deste pronunciamiento en contra e a que en anos
anteriores a propia inspección educativa apoiou a súa postura, a
consellería autorizou finalmente a apertura do centro durante os meses
de xullo e agosto para dar cabida ás actividades municipais.
Pero ademáis dende aquí temos que facer varias puntualizacións:
1ª) Os empregados municipais, pagados por todos os cambadeses, van ter que traballar uns dias para acondicionar as instalacións para que se lucre unha empresa privada.
2ª) Sale a concurso a realización desta ludoteca?
3ª) Suponse que o mes de xullo as mestras traballan, onde van realizar o seu traballo se teñen as aulas ocupadas por xente allea ao colexio?
4ª) Se outra empresa ofertara os mesmos servizos, o Concello deixaríalle tamén as instalacións e a man de obra dos operarios muicipais?
5ª) O Concello debería ser mási dilixente cando ten que facer arranxos no colexio coma cando se trata de facer traballos para empresas privadas.
6ª) Porqué o Concello se colga medallas pola ludoteca, si o único que fai é prestar uns operarios que pagamos todos un servizo que non é gratuito, para que gañe cartos a empresa privada.
Recordemos que cada neno ten que pagar 50 euros cada mes e 100 se usa o servizo de comedor.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.