Un artefacto explotou hoxe ás catro da madrugada na sede do PP en Ribadumia
provocando danos na fiestra e no interior do inmoble.
O local está no
baixo dunha casa de pedra e no primeiro piso vive un matrimonio coa súa
filla de 16 anos, que se espertaron co ruído crendo que explotara a
caldeira. Saíron fóra e xa viron unha fenda na fiestra da sede e os
cristais rotos. Javier Oubiña, o inquilino da casa, di que había dous
paquetes máis que non chegaron a explotar pero que saíron disparados con
forza alén da rúa.
Os Tedax xa estiveron no lugar para analizar
os explosivos. Afortunadamente, non había coches aparcados na beirarrúa e
tampouco hai que lamentar danos persoais. O baixo é dunha tía de Javier
Oubiña e o PP leva dez anos de aluguer. A dona di que agora se pensará
se llo segue alugando.
Hai mes e medio foi desactivado
outro artefacto explosivo na sede do PP de Meis, tamén no Salnés.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.