Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

29 de mayo de 2012

UNHA ESCULTURA DE FRAGA EN CAMBADOS


Dende este humilde blog queremos agradecerlle a ALCALDIA de Cambados todo o que fai por recordar a don Manuel e que o compare con ilustres coma Asorey ou Cabanillas. Todos sabemos o ben que fixo por Cambados e polos cambadeses. O seguinte paso será mudar o nome  por Cambados de Fraga.


O Concello de Cambados encargou ao artista Lucas Míguez unha escultura de Manuel Fraga Iribarne, que morreu a mediados de xaneiro pasado aos 89 anos de idade. Trátase dun concello co que Manuel Fraga tivo unha vinculación moi especial. A escultura é en bronce e a tamaño natural, de corpo enteiro.
Lucas Míguez recibiu o encargo pouco despois do falecemento do político vilalbés, o desexo do concello que dirixe Luís Aragunde é que o artista represente ao Fraga que foi Cabaleiro do Albariño e Gran Mestre do Capítulo Serenísimo ata o seu falecemento.


O goberno local cambadés é consciente de que a figura de Fraga é controvertida ideoloxicamente, pero que en cambio é máis difícil discutir que o vilalbés foi un dos principais motores da Festa do Albariño, que é, a día de hoxe, un dos grandes escaparates dun sector económico do que viven miles de cambadeses.


Pediuselle a Lucas Míguez que represente a Manuel Fraga coa vestimenta tradicional do Capítulo Serenísimo, no que destaca a capa azul, e cunha copa de viño albariño na man. Tamén a localización da peza podería estar relacionada coa vinculación de Fraga e a festa, pois un dos lugares que se manexan é a horta do pazo de Torrado, onde desde hai uns anos celébrase a comida de confraternidade do domingo. Unha localización que axudaría tamén a previr eventuais actos vandálicos contra a peza, ao situarse no interior dun recinto que se pecha polas noites.

A idea é inaugurar a obra durante a próxima Festa do Albariño ou unhas semanas antes.

En Cambados xa houbo unha rúa dedicada a Fraga. Entre finais da década do sesenta e principios do setenta o goberno municipal nomeou como avenida Fraga Iribarne unha das principais vías de entrada ao pobo. O vilalbés fora un dos promotores do Parador de Turismo e do impulso experimentado pola Festa do Albariño, e os dirixentes da localidade quixeron agradecerllo dedicándolle unha rúa.
Pero coa chegada da democracia as cousas cambiaron, e o alcalde nacionalista Xoán Antonio Pillado Silvoso puxo en marcha a renovación do nomenclátor municipal, pois mesmo había rúas sen nome. A avenida Fraga Iribarne desapareceu, converténdose na actual avenida de Vilariño.


Posteriormente, ao recuperar o PP o concello con Antonio Pillado, que máis tarde foi conselleiro de Xustiza con Fraga volveuse a expor dedicar algunha rúa ao vilalbés, pero este dixo que non quería ese tipo de homenaxes mentres vivise.

Tras o seu falecemento, en xaneiro, celebrouse na igrexa parroquial de Cambados unha misa funeral en honra ao expresidente da Xunta, e na mesma outro exalcalde, Santiago Tirado, expuxo retomar esa homenaxe. Uns días máis tarde Luís Aragunde admitiu que non se descarta dedicar algunha rúa a Fraga, aínda que aclarou que o asunto ía para longo. Ademais, manifestou que non se barallaba rebautizar a avenida de Vilariño.

Pero a idea da escultura si vai adiante, e encargáronlla a un dos artistas máis coñecidos dos últimos anos, e que xa creou as pezas de Ramón Cabanillas e de Francisco Asorey que hai en Cambados, así como a de Ramón do Valle Inclán inaugurada a semana pasada en Vilanova, o conxunto escultórico de personaxes de Val, tamén en Vilanova, ou o popular Floreano do Grove. Míguez é un creador moi cotizado en México ou Estados Unidos, e aínda que no Salnés é sobre todo coñecido polas súas obras de carácter figurativo, tamén posúe moita obra abstracta.
Con esta peza Cambados completará un itinerario artístico en espazos públicos que xa conta con obras de Manolo Paz, Francisco Leiro, Francisco Asorey ou Cao Lata.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.