"Vilagarcia perde inversións por culpa do seu Alcalde Tomás Fole".
Así de rotunda se amosou a líder dos socialistas, Tania García. Só responde, engadiu, á incompetencia do novo goberno local.
A
perda de 1’6 millóns de euros dos fondos do Proxecto de Luz Salgada no
concello de Vilagarcía, destinados á remodelación do parque da Xunqueira
e do de Celso Emilio Ferreiro, é responsabilidade do alcalde. Así de
rotunda se amosou a líder dos socialistas, Tania García. Esta asegurou
que o goberno local era coñecedor que a prórroga para executalas obras
do proxecto remataba o 25 de maio e que non fixo nada ata pasados catro
meses do inicio do seu mandato.
E
é que, explicou Tania García, o proxecto que eles deixaran redactado
para o parque da Xunqueira só restaba licitalo ó contar no seu momento
con tódolos permisos necesarios. Polo tanto, ante o que consideran unha
incompetencia do alcalde, adiantou a líder socialista, van pedir
responsabilidades.
A
este respecto tamén falou o alcalde. Fole explicou que dita axuda non
foi concedida porque finalmente a Deputación solicitou unha liña
dirixida a novas tecnoloxías e non a proxectos medioambientais.
Con
todo, o rexedor local asegurou que xa están traballando na busca de
financiamento para executalas obras ante a falta de fondos propios para
facelo este ano.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.