Os produtores de Martín Códax están sendo os primeiros en coñecer esta plataforma web, coa que se intenta optimizar o uso de fitosanitarios.
O
proxecto Viñas Atlánticas, impulsado pola Deputación de Pontevedra, e
no que participan as cooperativas Martín Códax, Paco & Lola e Condes
de Albarei, está a ter moi boa aceptación por parte dos viticultores
asociados.
Esta semana arrancaron as xornadas de formación para explicarlles o funcionamento da plataforma de internet Viñas Atlánticas. A actividade impartirase a uns 400 produtores. Só en Martín Códax anotáronse xa 80 socios.

A
plataforma tamén servirá como ferramenta de comunicación entre os
técnicos das adegas e os viticultores, creando unha rede de información
en tempo real dos avisos e alarmas que se poidan producir.
As
sesións desta semana son para os socios de Martín Códax. Entre o 22 e o
24 desenvolveranse en Paco & Lola e do 29 ó 31 en Condes de
Albarei.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.