Galiza Nova por unha folga estudantil masiva mañá xoves 10 de maio contra os ataques do PP ao ensino. Baixo o lema “o ensino é un dereito, non un privilexio” a organización está a realizar unha intensa campaña de repartos ás portas dos centros de ensino, así como de xuntas de delegadas/os e asembleas informativas.
Esta xornada de Folga no ensino medio e universitario é a primeira resposta contra unhas decisións socialmente inxustas que pretenden expulsar do ensino público ás fillas e fillos das traballadoras e traballadores. "En Vilagarcía de Arousa non podemos faltar. Temos que estar todos e todas na loita contra o desmantelamento do ensino público programado polo goberno Rajoy e executado con devoción por Alberto Feijoo". Mañá xoves as doce do mediodia na Praza de Galicia de Vilagarcía de Arousa.
Galiza Nova tamén setivo presente nas mobilizacións, que tiveron lugar onte dia 8 de maio convocadas pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público en diferentes lugares de Galiza contra os recortes do PP en materia educativa. As concentracións tiveron lugar ás 19:30h, nas 7 cidades ademais de na Guarda, Verín, Vilagarcía, Foz, Ribeira e O Barco (estas dúas últimas ás 20:00h).
Galiza Nova, como integrante desta plataforma, secundará estas mobilizacións co obxectivo de manifestar o rexeitamento da comunidade educativa galega ao Real Decreto-Lei 14/2012, publicado polo goberno do Estado, esixir da Consellaría de Educación que non aplique en Galiza ningún dos recortes e que o recorra por invadir as competencias que en materia educativa ten a Xunta.
Así mesmo, a Plataforma tamén está a recoller apoios para o manifesto, tanto individuais como colectivos. Difunde o enlace e convida aos teus contactos e amizades a asinaren as nosas demandas. O ensino é un dereito, non un privilexio!
|
Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.