Mentres o Xuven está inmerso nunha fase de ascenso, neste caso, unha eliminatoria a cara ou cruz ante o Basket Pla que vivirá o partido de ida en terras baleares o vindeiro sábado, a nova está noutro lado, na Federación
estuda mudar de formato as ligas. O actual, sería substituído por un máis semellante ao das ligas de futbol.
Cando do que se debería estar falando é
do encontro que este sábado afronta o Xuven ante o Opentach Basket Pla, a
vista está posta agora no que faga ou deixe de facer a Federación
Española de Baloncesto o vindeiro ano.
O feito é que a FEB fixo chegar ós clubes
un proxecto de reestructuración das súas competicións. Está en período
de estudio pero podería entrar en vigor para a vindeira temporada. Esta
restructuración non afectaría á Leb Ouro pero sí á Prata, que pasaría a
estar formada por tres grupos de 14 equipos cada un, divididos por
proximidade xeográfica. A liga EBA eliminaríase e crearíase unha Adecco
Bronce, organizada polas federacións autonómicas. O novo esquema
parececíase máis ó que actualmente rexe no futbol. ACB, Leb Ouro, a
Prata sería coma a 2ªB e a Bronce como a Terceira.
O certo é que así, as posibilidades do
Xuven de estar o vindeiro ano en LEB Prata son moito maiores. A expensas
de acadar o ascenso nas canchas, sí que podería ser convidado pola
federación a participar nesta nova categoría, a terceira a nivel
nacional. A parte positiva é polo tanto que o conxunto cambadés podería
dar o salto de categoría e que ademais a federación reduciría o canon e
demais costes. Pola contra, os gastos en desprazamentos aumetarían
considerablemente e a exixencia económica do plantel tamén, ó ter que
semiprofesionalizar ó equipo.
Os vindeiros días presúmense movidos na
Federación. Á espera quedarase o Xuven, primeiro tentando facer o seu
traballo na cancha e logo nos despachos, analizando se é viable un
proxecto do club na Leb Prata, sexa cal sexa o seu formato final.


No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.