Un grupo de modelos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra
manifestáronse onte ante a sede para protestar polo seu despedimento,
espíndose e posando para os estudantes que os debuxaban ao aire libre.
Con lemas como "Cumprimento do convenio" ou "Xa non nos imos a quedar nin quedos nin calados", os sete traballadores protestan porque a nova contrata non respectou o convenio de 2010 que, segundo os traballadores, os obrigaba a mantelos nos seus postos.

Os modelos -cuxo traballo consiste en posar para que os estudantes os debuxen- protestan tamén polo que consideran un agravio comparativo con outras facultades nas que os modelos son traballadores contratados directamente polas universidades e non a través de subcontratas.
"Reivindicamos a readmisión porque a nosa situación económica é de indefensión total, non temos ningún tipo de ingreso, e exporemos unha demanda ante os tribunais contra a Universidade de Vigo por cesión ilegal de traballadores", declarou Roberto Carreira, portavoz dos afectados.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.