Tamén se dotarán cadeiras para o público con 80.000 euros do FOMIT
O goberno municipal vai mercar un escenario móbil emais cadeiras para
completar o equipamento do salón de congresos José Peña, cun
investimento de 80.688 correspondentes ao crédito estatal Fondo
Financieiro do Estado para a Modernización das Infraestruturas
Turísticas (Fomit).
A plataforma escenario é funcional, está composta de módulos, cunhas
dimensións de 14 metros de ancho por 12 de fondo; pódese ampliar ou
recurtar para adaptalo a distintos formatos de actuación. O sistema
modular homológao para acoller todo tipo de espectáculos, tanto para un
concerto individual, dun cantautor ou dun monologuista, por exemplo,
como para a actuación dunha orquestra sinfónica ou coreografía de baile.
Esta nova instalación sobresae pola súa versatilidade. A estrutura é
de aluminio moi resistente e o solo rugoso, non esvaradizo, para
espectáculos de danza, concertos e similares. Dispón de dúas escaleiras,
rampa e varandillas quitamedos protectores nos laterais e parte
traseira. Tamén conta con apoios telescópicos adaptables a calqueira
altura, entre 0,60 e 1,80 metros.
1 comentario:
Bueno, ahora solo falta poñelo talento enriba do escenario!
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.