Miles de persoas concentráronse hoxe en toda
Galicia baixo a lema "Queren acabar con todo" nunha xornada de loita en
defensa da sanidade pública.
As concentracións, convocadas por todos os
sindicatos fóra de CIG, celebráronse fronte aos hospitais da Coruña,
Ferrol, Santiago de Compostela, Lugo, Monforte, Burela, Ourense, O Barco
de Valdeorras, Verín, Pontevedra, Salnés e Vigo.
UXT advertiu ademais do risco que supoñen os recortes, tanto para o persoal sanitario como para o conxunto dos cidadáns.
"En Galicia, coa pensión media máis baixa, cobrarase un mínimo mensual de 8 euros a case 700.000 persoas con incapacidade permanente ou pensión de xubilación ou viuvez", sinalou o sindicato.
Con estas protestas, celebradas en todo o Estado, as centrais sindicais esixen ao Goberno unha reforma da xestión pública do sistema de saúde que prime a "eficiencia e a efectividade" sen que todo o peso dos recortes recaia sobre os usuarios e os profesionais sanitarios.
| Hospital do Salnés |
Reclaman, ademais, que as medidas que afecten ás condicións laborais sexan negociadas coa representación legal.
Así mesmo, piden un maior investimento en atención primaria xa que isto suporá a medio prazo un aforro para o sistema.
Así o explicou a secretaria da Federación de Sanidade de CC OO, Lola González, que advertiu de que nos estamos xogando o modelo sanitario tal e como o coñecemos".
As concentracións contaron co apoio da asociación Plataforma galega en defensa da Sanidade Pública, cuxo portavoz na Coruña, Ramón Beiras, destacou a importancia dese sector público para o conxunto da sociedade.
Os sindicatos teñen previsto proseguir coas protestas cunha nova concentración fronte ao Sergas antes da mesa sectorial que convocou unha reunión o próximo 15 de maio.
Así mesmo, anunciaron peches nocturnos en diferentes centros administrativos o próximo día 23 de maio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.