Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de mayo de 2012

NOVO PRESIDENTE DE NN.XX. CAMBADOS

Luis A. Serantes novo presidente.

Luis Alberto Serantes é o novo presidente de Novas Xeracións de Cambados por decisión unánime do congreso celebrado este fin de semana na vila. Substitúe no cargo a Diego Rumbo e estará acompañado na directiva local por María Piñeiro Pardal, na vicepresidencia; Gerardo García Durán, na secretaría e como vocais exercerán Beatriz Carballo, Iván Hermida, Laura Portas, Daniel González, Nicolás Bregua e Diego Rumbo.

Diego Rumbo, anterior presidente

 No seu discurso, o presidente aludiu á necesidade de "seguir sumando novas incorporacións a este proxecto así como de dar resposta ás inquedanzas e novos retos dous xóvenes cambadeses". A colaboración con iniciativas benéficas e sociais é un dos obxectivos que afronta a nova directiva para os próximos meses.



Cabe suliñar que ata o de agora Novas Xeracións de Cambados adicábase a sumar xente nova para o proxecto popular pois poucas ou ninguha actividade fixeron a prol da xuventude cambadesa, deixando ese traballo a asociación Retranca participada na sua maioría por xóvenes vinculados o PP e a NN.XX.


Agardamos que a nova directiva faga algo máis que pegar carteles cada vez que hai eleccións pois non fixo outra cousa.A xuventude en Cambados quere facer cousas, cada un co seu criterio, pero temos unha xuventude que hai que mover e hai xente que segue a pensar que o inmovilismo é o mellor.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.