Fai unhas semana presenteivos o novo colaborador e aquí tendes o seu primeiro "conto" real.
Esta
é a historia que lle aconteceu a un amigo dun amigo meu. E a
narración duns feitos acontecidos en Cambados un dia de marzo deste
ano 2012. Os nomes están trocados e os lugares tamén, pero como vos
indico é unha historia real.
O
amigo do meu amigo, poñámoslle por nome Camilo, traballa de
camareiro nun local de viños e tapas de Cambados, de nome O Mesón
do Povo. O seu xefe chámase Martiño. Estes son os feitos.
Eran
cerca das catro da tarde, quedaban por rematar os cafés de duas
mesas. Unha estaba ocupada por unha parella de Lugo e os seus dous
fillos. Na outra mesa estaba Benigno, presidente dunha “empresa”
de Cambados e dous homes que Camilo non dou recoñecido, pero que
seguramente eran de fora aínda que vencellados o mesmo sector que a
empresa de Benigno.
A
parella de Lugo xa pedira a conta i xa parecían decididos a marchar,
polo que Camilo xa estaba preparando as cousas para limpar e deixar
todo listo para que os compañeiros que entraban a traballar as seis
da tarde, tiveran todo en orde. Os lucenses puxeron cartos enriba do
prato onde se lles puxera o ticket coa conta. Foi recollelo e
comprobou que lle deixaran tres billetes de vinte euros polo que tiña
que devolver tres euros e pico. Cando se dispoñiá a entregar a
volta dixeronlle que non facía falla que llos devolvera, que a volta
era unha propina polo bo trato i excelente comida que lles fora
servida.
Mentras
tanto os outros tres comensales seguían de tertulia, aínda que
Camilo estaba desexando que se marcharan, pero a boa educación
ensináralle a mostrar a típica cara de non molestan pero xa se
podían ir indo.
Estaban
a degustar unha botella de licor coa que os obsequiou Martiño, o
dono do local. Debían ser bos clientes pois nos tres dias que Camilo
levaba no traballo non mirara ningún detalle similar con outros
clientes, pois era unha das botellas con un precio intermedio entre
vintecinco e trinta e algo de euros e nos tempos que corren non
parece normal ese tipo de agasallos.
Catro
e vinte da tarde Benigno o empresario levántase da mesa para falar
con Martiño.
-Por
fin- pensou Camilo- xa marchan e xa podo deixarlle todo listo a os
compañeiros de tarde.
Namentras
preparaba o lavavaixelas Camilo escoitou unha conversa que o deixou
un tanto ido. Martiño preguntaba a Benigno que lles parecera a
comida.........
-Gustoume
o detalle da botella- contestoulle Benigno
-Este
mes tes dazaoito comidas Benigno, como facemos?- preguntou Martiño.
-Coma
sempre, ponlle na factura trinta comidas co precio de sempre- espetou
sen rubor Benigno.
-Cojonudo
Benigno, este mes non foi moi alá i esto ven moi ben- respostou
Martiño a vez que lle pasaba a man polo hombreiro de Benigno.
-Ti
fai coma sempre- dixo Benigno- ponlle cincuenta euros por dia. Aínda
que eu non veña a comer ti pon sempre trinta comidas. Despois xa
faremos contas. Vou a acompañar a estes a dar un paseo por
Cambados. Teñen que clarexar un pouco que co que se bebeu non se
pode coller o coche.
O
máis chocante da historia é que marcharon sen pagar pero polo menos
deixaronlle cinco euros de propina a Camilo
Esta
era a primeira vez que veía a Benigno no local pero despois sigueu
vendoo máis a menudo, duas ou tres veces por semana, polo tanto non
consume as trinta comidas mensuais. Martiño pásalle a factura cada
mes a empresa de Benigno trinta comidas a uns cuantos euros cada
unha …....votade contas, de como pode salir ao mes tendo en conta
que o que comen non é o prato do dia.
Tamén
resulta chocante que as dietas se paguen, se non son gastos de representación, pois se o individuo vai el solo non vai en representación da empresa, e moito menos el solo no mesmo povo onde
está a empresa, se fora noutro concello entenderíase, pero esto
pasa tan a cotío entre empresarios, políticos, presidentes de
clubes,asociacións e outros que ata xa parece normal algo que cando
menos non é ético por non chamarlle delito.
Conto escrito por Balboas de Fefiñáns

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.