A clave do éxito cultivado radica, segundo Caneda, no esforzo realizado para configurar «un cartel moi popular», no que destacaban Love of Lesbian na primeira xornada, e Fangoria na segunda. Pero o sábado, tamén deu a badalada Nancys Louras, un grupo que fixo que, ás oito da tarde, «a carpa pequena quedase pequena» para acoller á lexión de fans que acudiron a escoitar a esta formación.
Pero se o festival foi un éxito foi tanto grazas ao cartel como ao bo ambiente que reinou no recinto durante as dúas xornadas de concertos. Entre o público había xente de todas as idades, que chegaban atraídos por unhas ou por outras bandas. Fangoria, que puxo sobre o escenario un espectáculo con certo toque a cabaret, foi a guinda perfecta para o certame.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.