Despois da edición do ano pasado, que levaba por nome “Música e viño”, este ano a publicidade será a gran protagonista.
O
alcalde de Cambados, Luis Aragunde, xunto coa directora do Museo, Rocío
Acha e a secretaria da UNED de Pontevedra, María Penado, presentaron
unha nova edición dos cursos de verán que coa colaboración destas
entidades se veñen poñendo en marcha xa dende hai máis de dez anos.
Despois do cine, a historia da arte ou a música, o ano pasado, neste
caso a gran protagonista será a publicidade. Publicidade vinculada, por
suposto ó mundo do viño. Dous elementos que a pesares de ser moi
diferentes adoitan ir da man.
Este curso desenvolverase os días 4,5,e 6 de xullo e a matrícula estará
aberta dende o vindeiro día un de xuño. En total son 50 prazas as que se
atopan dispoñibles, prazas que sempre se ven superadas no número de
matrículas.
Ademais os estudantes da UNED que participen obterán un crédito de libre
designación.
O sector máis importante da nosa comarca, un sector ó que en tempos de crise hai que estimulalo aínda máis.
Aragunde destacou tamén a importancia desta edición por ser a que se
celebrará o ano do 60 aniversario da Festa do Albariño, a que é a festa
enogastronómica máis antiga de España.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.