| Madrid |
Pasados tres dias dende o sábado e no propio dia do aniversario imos resumir como foi o sábado "indignado" nas principales cidades galegas.
Os indignados galegos volveron ás rúas para alzar un berro contra a clase política e celebrar o aniversario da 'toma de Sol', cando naceu o chamado movemento 15M, que tivo as súas réplicas en ducias de países.
![]() |
| Vigo |
Tamén foi multitudinaria a marcha de Vigo, o punto de partida estaba fixado na Praza de España, desde onde a manifestación se trasladou á Praza da Estrela, lugar no que se atopa o edificio da Xunta.
| Lugo |
En Lugo, a Praza Maior acolleu, ademais da concentración, que comezou ás 18.30 h., un mercadiño solidario e varias actividades lúdicas como un taller de pancartas ou representacións teatrais. Con todo e do mesmo xeito que no resto de cidades galegas, o volume de xente que participou nos actos estivo por baixo do rexistrado noutras convocatorias.
| Compostela |
Unha vez máis, Compostela mostrouse como unha das cidades máis reivindicativas ao tomar de novo a Praza do Obradoiro baixo a lema de Non nos resignamos. Pola súa banda,Mobilización global foi a frase escollida polos ferroláns, que se concentraron na Praza de Armas.
| Ferrol |
Finalmente, en Pontevedra, a marcha, na que participaron centos de persoas partiu e finalizou en Montero Ríos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.