Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de mayo de 2012

NACE UN NOVO BLOG



A Asociación Profesional de Mariscadores de Vara  da Confraria de Pescadores de Cambados mais popularmente coñecida como "Os Rañeir@s", xa teñen o seu propio blog, nel van tratar de informar o seu colectivo principalmente, ainda que está aberto a todo o mundo, sobre as súas actividades e as novas que se van  xurdindo na Confraria.


 Os rañeiros son un asociación que o Patrón Maior quere discriminar a toda costa, pero eles teñen moita forza e o actual presidente Carlos Martinez González caseque  ten o apoio de mais de 90% do colectivo. 


O Blog, subtitulado “Sobre o mundo do Raño e o mar en Cambados",  aparte da información xeral que vaia dando a coñecer, tamén ten un apartado para "Dúbidas e suxerencias", ten outro de "Información" para os propios rañeiros  e información tamén sobre "as resembras". Cada vez que nace un blog sempre dicimos o mesmo , o importante non é crealo, senón mantelo. Dende aquí a nosa benvida o novo blog e aconsellamoslle, se no lo permiten,  que se fagan membros  da nova  asociación ASOBLOG, Asociación de Blogs do Salnés recén creada en Cambados. Dende hoxe mesmo, os rañeiros pasan a forma parte dos “nosos amigos da rede”. Se queres dar unha volta por él, este é a súa ligazón:http://marisqueoaflotedecambados.crearblog.com/






Nova recollida de http://atimeucambados.blogspot.com.es/ 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.