Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

10 de mayo de 2012

A VOLTA POLA PROVINCIA



O desexo de que o paso da Volta Ciclista a España pola provincia de Pontevedra sexa un éxito, continúa a ser obxectivo prioritario para a Deputación, que para eso apostou por ela. O seu presidente Rafael Louzán, reuníuse onte cos alcaldes dos concellos de Ponteareas, Sanxenxo, Cambados e Vilagarcía, unha xuntanza na que tamén estiveron técnicos de cada unha das institucións. O motivo, crear unha comisión que leve a cabo de xeito coordinado tódalas actuacións necesarias para ofrecer a mellor imaxe posible dos concellos durante os catro días que a caravana da Volta Ciclista a España pasará por Pontevedra no mes de agosto. 

 
O presidente provincial fixo saber que a Comisión reunirase dúas veces por mes ata agosto e que estará coordinada pola deputada delegada de deportes Begoña Estévez. Engadíu que a o percorrido das tres etapas, Ponteareas-Sanxenxo, Cambados-Pontevedra e Vilagarcía-Dumbría, está xa pechado, dende onte, de xeito definitivo. 


Por noutra banda, a alcaldesa de Sanxenxo foi cuestionada polo final de etapa que se celebrará neste municipio, a priori un dos máis problemáticos, tendo en conta a gran actividade turística da localidade nesas datas. 

 
Louzán engadíu que este ano mellorarase a información ós cidadáns sobre os lugares e as horas exactas do paso da Volta, para que a presencia de público sexa numerosa. Tamén comezarán a avaliar que estradas necesitan ser obxecto de melloras no seu pavimento.

 
                                                                        Supoñemos que esta comisión non orixinará máis gastos en forma de dietas e outras cousas similares. 







 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.