Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de mayo de 2012

BANKIA E OS SEUS EFECTOS





A secretaria de Estado de Orzamentos e Gastos, Marta Fernández Currás, defendeu a inxección de diñeiro público á banca privada porque "neste momento a saúde do sistema financeiro é unha peza da economía nacional". Esta actitude supón un cambio de opinión por parte do Executivo, que ata hai unha semana era contrario a tomar este tipo de medidas.



Durante a súa intervención na xornada Diálogos para a Democracia patrocinada pola empresa tecnolóxica SPA, Currás evitou cuantificar en 10.000 millóns de euros o montante de diñeiro público que podería dirixirse a Bankia e dixo que haberá que ver a natureza destas axudas cando se pronuncie o Consello de Ministros.


Para Currás, a reforma financeira aprobada polo Goberno leva o camiño correcto e valorouo "importante volume" de provisións adicionais que se fixo ata o momento sobre riscos que eran considerados "non morosos".

"Agora estanse sumando, a maiores, os riscos inmobiliarios denominados saudables, para despexar calquera dúbida que poida existir sobre o sistema financeiro español", aseverou.




Neste sentido, dixo que hai moitas fórmulas para apuntalar este sistema e que no caso de que houbese que pór diñeiro público para rescatar banca privada é prioritario neste momento a saúde do sector financeiro.


Queremos supor que neste cambio de modelo non terá nada que ver o descalabro de Bankia presidida ata onte polo gran Rodrigo Rato exministro popular. Será substituído por Ignacio Goirigolzarri ex BBVA.


No momento de escribir esta nota Bankia cae máis dun 6% na bolsa de Madrid e os seus clientes andan preocupados pola situación.















No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.