Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de abril de 2012

MESA DO VIÑO RIAS BAIXAS






A terceira reunión da Mesa do Viño da denominación de orixe Rías Baixas, na que se debateron varias propostas para a posta en marcha dun novo contrato homologado para a compra da uva entre 2012 e 2015, rematou sen acordo entre cada unha das partes implicadas.

Este novo encontro entre produtores, cooperativas, adegas, sindicatos agrarios e o propio consello regulador da denominación de orixe tivo lugar na sede da Delegación da Xunta en Pontevedra. O único punto en que todas as partes están de acordo é en ligar os prezos ao volume de produción da colleita e non só en canto á calidade.


Ademais, reducíronse as propostas no caso dos prazos de pagamento e en relación aos prezos, aínda que non foi posible alcanzar un acordo. Por iso, todas estas medidas volverán a ser debatidas o próximo 3 de maio, co fin de fixar un prezo base para concretar o contrato homologado de cada vendima.
Para os sindicatos, a principal discrepancia reside na súa desconfianza ante "a falta de concreción da industria" no relativo aos prezos de recollida. "Resulta imposible para os viticultores fixar calquera tipo de horizonte de prezo polas uvas", advirten.

"CARTAS MARCADAS"
De feito, o secretario de Agricultura de Unións Agrarias (UU.AA.), Xosé Ramón González, acusou ás adegas de levar "as cartas marcadas" a esta mesa do viño e criticou que esta actitude conte coa "total conivencia da Xunta". Argumentou esta afirmación en que o Goberno galego "pon en marcha as súas ferramentas administrativas para evitar estas formulacións, que só aboan a especulación no prezo das uvas".
Pola contra, pediu á Consellería de Medio Rural que poña en marcha medidas de "discriminación positiva" para as adegas que aposten polos contratos homologados, así como que impulse medidas de financiamento para o sector.
Pola súa banda, o representante na Mesa do viño de Rías Baixas do Sindicato Labrego Galego (SLG), Bernardo Estévez, deixou patente que os custos de produción subiron e defendeu que, por iso, os bodegueiros paguen máis pola uva.

Asimimo, propuxo limitar a produción: "a industria ten que asumir que se baixamos o rendemento, se aumentará a calidade da uva e, polo tanto, deberían manterse estables os prezos do ano pasado ou mesmo subir".
En conclusión, este sindicato xulgou que o normal sería que "as explotacións asumisen a súa parte do problema producindo menos e, pola súa banda, as industrias pagasen mellor as uvas para compensar a baixada de rendementos e o aumento de calidade".



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.