Segundo fontes do Concello de Cambados preto de duascentas persoas achegaranse a Capital do Albariño representando as numerosas denominacións de orixe vinícolas de toda España.
A solicitude realizada polo concello de Cambados foi admitida e a Asociación de Ciudades Españolas del Vino celebrará este ano a súa asemblea xeral de socios na capital do albariño. A organización deste evento suporá reunir no municipio a preto de duascentas persoas que representarán ás cidades e cabeceiras de comarca das principais denominacións de orixe vinícolas de España. Para a cita, o concello encargarase de poñer a disposición de Acevin as infraestruturas municipais, como o auditorio da Xuventude ou o salón de congresos José Peña, ademais dos medios técnicos e de deseñar unha programa de visitas turísticas e percorridos por adegas da zona que se consideren de interese para os visitantes.
As datas xa están confirmadas. Os vindeiros 29 e 30 de xuño son os días escollidos para o evento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.