Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de marzo de 2012

PEPE CARREIRO EN "LECER PARA TODOS"

     Contan os nosos amigos da asociación POR DEREITO a xornada que pasaron na Illa de Arousa os rapaces e rapazas de dita asociación coa presenza do dibuxante e escritor Pepe Carreiro (Os Bolechas). Agradecen a colaboración do concello illeiro e de outra asociación, que coma POR DEREITO, loita pola inclusión coma é BATA.


Onte foi un día moi especial para  os nenos e nenas da Illa de Arousa e para os nosos fillos e fillas. 
 O Concello da Illa de Arousa animouse a que con certa periodicidade fagamos unha actividade inclusiva na Illa.
Nesta primeira ocasión aproveitamos un conto adaptado por Mar (unha nai marabillosa de Por Dereito), dos Bolechas e convidamos ao autor orixinal para que viñera a pasar a tarde con nós e nos ensinara o seu arte.
 O Concello convidou aos nenos nos colexios da Illa e nós, Por Dereito, falamos con BATA para que a "Tarde mensual de xogos" dos nenos e nenas da UAM se fixera dentro desta actividade.
 Primeiro chegaron o grupo dos pequenos, contámoslles o conto con pictogramas, e logo Pepe debuxou o que eles lle pediron, seguidamente os nenos colorearon debuxos dos Bolechas e Pepe autografioulles os seus debuxos e os contos dos Bolechas que eles traían.
 Co grupo dos grandes fixóse simultáneamente o proxección do conto, a lectura do texto orixinal da boca de Lola Silgar e Pepe ía debuxando o que lle viña á cabeza. Logo preguntaron o que eles quixeron e pedíronlle a Pepe Carreiro que lles debuxara os seus persoaxes favoritas dos Bolechas. Finalmente os nenos e nenas convertíronse en debuxantes dos Bolechas e tamén lle pediron autógrafos ao noso artista.
 Consideramos que esta acitvidade foi un éxito grazas á implicación de moitas persoas. Ben certo que temos que mellorar moitas cousas pero esa é a nosa intención. O importante é que este Concello está moi implicado en dous aspectos fundamentais: a inclusión no lecer facéndoa unha realidade e concienciándose de que a accesibilidade á información é un dereito. Así o están demostrando coa adaptación total dos seus espazos públicos á señaléctica basada nos pictogramas do ARASAAC, e agora dan un paso mais co Proxecto de lecer animándose e animándonos a deseñar novas actividades inclusivas.
Cremos que todos disfrutaron moito desta tarde tan especial, os nenos e nenas, os seus pais e nais ( algúns quedaron en segundo plano observando o ben que o pasaban os seus cativos), os que o fixemos posible e non quero dicirvos o sorriso permanente que Pepe Carreiro tiña nos seus beizos. https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEiOav9eekhZgztzQoICM1wQZ0vZUiFAm-YYY7TaW06fCvBToWsdWryWOuYJZpXJ92ds9R9olvhGSKXBFNdzGIw5jNRsq1M-69svutfpXVzcrZx9WDm-P2NXY3BzSDIDt2arAgWvO8XA1DY/s1600/332776_263208183699810_100000318926719_886560_1686475579_o.jpg
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.