Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de enero de 2012

A ALCALDIA DE CAMBADOS NON REPRESENTA A TODOLOS CAMBADESES




Levo dende o venres sen abrir o facebook, sen ler a prensa nin mirar novas pola televisión e o primeiro do que me entero esta mañán e de que o Concello invita a oposición ós actos do sábado polo peche do ano ASOREY para ás 13 hrs de dito dia. Todo moi correcto se non fose porque os actos estaban divididos en varias partes. Unha primeira que se desenrolaba a partires das 11:30 coa recepción por parte das autoridades dos membros da Real Academia das Belas Artes no Parador. As 12:00 celebrouse o pleno da Real Academia. Sobre ás 12: 45 estaba prevista unha ofrenda floral no monumento a Cabanillas feito polo homenaxeado. De seguido a comitiva trasladaríase ó auditorio municipal pra celebrar unha sesión pública. O remate trasladaranse ata o monumento A NAICIÑA, réplica do Discípulo de ASOREY, JOSÉ CAO, pra colocar un ramo de frores.           

Estos eran os actos que se ian celebrar. A miñas preguntas son......
Porque se menosprecia á oposición? 
Porque non se invita a todos os actos a oposición?
Acaso non representan a unha parte dos cambadeses?
Ata cando este comportamento miserable?  
Terán a decencia de pedir perdón se foi un erro (cousa que poño en duda)?          
Polo tanto dende aquí dígolle ó Alcalde e os seus correlexionarios, vostedes non me representan!!!

Nin a min nin a moitos cambades@s                                                                                                         


Agardamos polas suas disculpas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.