Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

6 de enero de 2017

A LOTERÍA DO NENO DEIXA OUTRO PREMIO EN CAMBADOS









O segundo premio, que leva 750.000 euros é o: 95379. Foi vendido en máis de 50 localidades españolas, entre elas nove galegas: Santiago, Carballo, Monforte, Lugo, Verín, Vigo, Tomiño, A Lama e Cambados, venderon parte do segundo premio do sorteo do Neno que deixa 750.000 euros en cada serie.

Outra vez o Bar Reboredo de Cambados reparte un premio da lotería. Un décimo vendido por terminal, que cobrará 75.000 euros.
No sorteo de Nadal neste mesmo local vendíase tamén a través de terminal un décimo dun dos quintos premios agraciado con 6.000 euros.


O Neno deixa un total de 675 mil euros na nosa comunidade, escaso rédito para un investimento de case 43 millóns de euros que os galegos fixemos para o sorteo deste ano. Poucas provincias españolas quedaron sen o seu petisco do segundo, xa que vendeuse en case 90 administracións.
A maior fortuna volveu virar cara a provincia de Valencia. Na localidade de Torrent, de 80 mil habitantes e próxima á capital,  vendeuse íntegramente o primeiro premio do Neno, que caeu no número 8354. Unha chuvia de millóns a razón de 200 mil euros o décimo.
E non moi lonxe dalí, en Benetússer consignouse tamén íntegramente o terceiro premio, o número 85.073, ao que lle corresponden 25 mil euros por cada décimo. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.