Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de enero de 2017

O XUVEN CAMBADOS CIDADE EUROPEA DO VIÑO A SEGUIR NO GRUPO DE CABEZA










Comeza a segunda volta para o Xuven Cambados Cidade Europea do Viño, e este sábado, a partir das 18:00 horas,  primeiro rival desta segunsa volta da tempada, ante o que venceron72-94 vivida no Angel Nieto a primeiros de outubro.

Quince xornadas despois, o Aquimisa Laboratorios Queixo Zamorano terá a oportunidade de poñer en valor a súa mellora e devolver a visita a un Cambados que pasou por encima do conxunto zamorano no primeiro encontro da tempada. Pouco ou nada terá que ver, en principio, o xogo e o encontro que se disputará no pavillón de O Pombal. Os zamoranos chegan tras a rodaxe que faltou nas primeiras xornadas de competición, xa que tras unha inexistente pretemporada e a plantilla aínda sen pechar, recibiu no Anxel Nieto a un Xuven Cambados pletórico, que levou unha merecida vitoria despregando probablemente o mellor baloncesto da categoría nas primeiras xornadas e acaparando as posicións máis altas da táboa durante as primeiras xornadas.

O conxunto dirixido por Manuel Santos continua practicanto un baloncesto rápido, sólido e coordinado que lle mantén na quinta posición cun balance de 9 vitorias e 6 derrotas. Liderados por Charles Nkaloulou (16p, 6r) e un 50% en tiros de tres puntos e Adrian Chapela, batuta do equipo, organizador e excelente penetrador e visión de xogo. Forma parella exterior con Brantley Osborne, outro escolta de gran talento tanto ofensivo como defensivo, capaz de ler o xogo ao mellor nivel, penetrar e lanzar de media e longa distancia con boas porcentaxes.

As opcións dos de Saulo Hernandez pasan por minimizar os erros e mellorar especialmente en defensa, xa que son o equipo que máis puntos encaixa de toda a liga. Dato preocupante que se contrapón co gran talento ofensivo dos xogadores exteriores, que colocan aos zamoranos como cuarto mellor ataque e que máis puntos anota. Polo que a maior marxe de mellora está en traballar a súa consistencia defensiva e manter o bo xogo dos xogadores exteriores. O estado de forma de xogadores como Sango Niang, a priori recuperado da súa lesión de talón, Chris Hansen ou Nyla Forbes será determinante para chegar ao último cuarto con opcións de competir o encontro, e sumar unha vitoria que pouco a poida separarlle dos competidores directos por manter a categoría.

Un partido interesante que os afeccionados zamoranos poderán seguir en directo a traves da plataforma CANAL FEB











No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.