Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de mayo de 2016

RESULTADOS DO CAMPIONATO GALEGO E N. DE ESPAÑA DE FISIOCULTURISMO E FITNESS







Ao redor dunhas 350 persoas abarrotaron o Auditorio "A Xuventude" de Cambados. Cerca de 40 competidores déronse cita ás 10:00 da mañán a 13:30 da tarde na pesada e na competicion que comezou ás 16:30, unha cita organizada polo Ximnasio Vital Sport. Dar as grazas a sua Alcaldesa, tenentes de alcalde Caamaño e Abal, que presenciaron o evento, á diputacion de Pontevedra tamén presente con dous deputados e ao seu equipo, a Julio G. Pampín que amosou o seu apoio aos competidores e ao equipo do Ximnasio Vital Sport que estiveron á altura, pendentes da organizacion e dos competidores. Dar as grazas tamén ao Hotel Os Pazos polo trato á familia AEFF e aos competidores e dar os parabéns a José, propietario do Ximnasio Vital Sport e ao Presidente de Galicia Xulio G.Pampin polo labor pola que se levou o evento e esperamos que o próximo ano Cambados poida realizalo co mesmo exito por terceiro ano e nun escenario máis grande.

No que se refire ao Campionato Galego, en Men Physique, a categoría de menos de 23 anos, gañou Alberto Martínez do equipo David García Trainer de Vilagarcía. 
En Men Physique Talla Baixa (maiores de 23 anos con estatura inferior a 1 metros e 75 centímetros) impúxose Jesús Fernández, tamén do David García Trainer. Mentres que en Men Physique Talla Alta o vencedor foi David García (Body Sport de Pontevedra). 
En Mr Athletic o campión foi Alberto Dopico, do Revolution Team de Narón. En categoría Galega de Culturismo Absoluto o título levouno Manuel Grueiro, do Revolution Team de Narón. 
Polo que respecta ao Campionato Norte de España, en Culturismo  Talla Baixa impúxose o navarro Patxi Antolí. En Culturismo Absoulto Talla Alta repetiu vitoria Manuel Grueiro (Revolution Team de Narón).

Polo que respecta ás categorías femininas, en Bikini Fitnes, Ania Martínez, do David García Trainer de Vilagarcía, proclamouse campioa do Norte de España. En Body Shape, Nerea Escudeiro, do Body Sport Pontevedra, fíxose co título. 

Os seis primeiros de cada categoría clasifícanse ao Campionato de España.









No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.