Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de mayo de 2016

RESULTADOS DA REGATA DE KAIAK DE MAR COPA SIPRE CELEBRADA EN CAMBADOS







Onte domingo día 1 de maio celebrouse no peirao de Santo Tome de Cambados a 3ª regata da liga galega de kaiak de mar da tempada. A competición dou comezo ás 11:00 da mañá  coa saída ás categorías senior, xuvenil e veterano.

Unha hora e media máis tarde iniciaron a proba as embarcacións dos participantes cadetes xunto coa modalidades SUP e populares.

O percorrido da carreira era de 10 km, empezando no embarcadoiro de Santo Tomé con dirección cara á Illa de Arousa, unha vez pasada a ponte estaba a bóia para virar e volver cara ao punto de partida.

As clasificacións xerais da liga nestes momentos encabézaas o Club de Mar Ría de Aldán empatado a 138 puntos co Piragüismo Cambados en homes, terceiro atópase o Piragüismo Olívico. Pola contra en mulleres  sucédese un empate  co Breogán do Grove, sendo terceiro o Piragüismo Cambados.

CLASIFICACIÓNS INDIVIDUAIS
































No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.