Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de febrero de 2016

A XUNTA XA APROBOU PARTE DA LEI DE ACUICULTURA





Desde o perfíl de facebook Ondiñas Veñen e Van anuncian a aprobación dunha Lei por parte da Xunta que é unha parte do Anteproxecto de Lei de Acuicultura que tanto rexitamento produce na maioría das xentes do mar. Reproducimos aquí o post.

ATENTADO CONTRA AS CONFRADIAS DE PESCADORES DE GALICIA

Donas e cabaleiros!



Temos que anunciar – desde este foro- a consumación duna traición incalificable cometida contra todos os galegos e galegos. O dia 31.12.2015 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Ley 13/2015, de 24 de decembro, de medidas fiscales e administrativas que, nos artigos 21 y 22 prevé a intervención administrativa dos órganos de goberno das Confrarías de Pescadores, controlando e restrinxindo o seu funcionamiento e dirección por supuestas causas graves económicas, así como habilitada dende o 1.01.2016 a Conselleria do Mar para fusionar, disolver e liquidar definitivamente a ditas Corporacións de Dereito Público que agrupa a miles de profesionais do sector extractivo da pesca e do marisqueo.
Como podedes deducir fácilmente, o Parlamento de Galicia a través da iniciativa do Sr. Nuñez Feijoo, consigue APROBAR POR UNA LEI, creada pola porta de atrás, con alevosía e con descoñecemento de todos, (incluidos os grupos parlamentarios) una das medidas estrela fixadas na Lei de Acuicultura (Disposición Derradeira Segunda), co mesmo fin e con mismiño contido que esta e, o que peor, dinamitando o compromiso do Sr. NUÑEZ FEIJOO de que o Anteproxecto non se aprobaría sin consenso co sector.

A gravedade da maniobra deshonesta levada a cabo resalta por tódolos costados, a finalidade é moi clara. Sobran as Confrarías de Pescadores polo que teñen que ser controladas ou borradas do noso mapa e por iso necesitan intervilas –alegando calquer causa que parezca grave- para controlalas, e así permitir a adopción de medidas que permita a entrada das empresas e multinacionais no seus bancos marisqueos.

Si esto non é un verdadeiro golpe contra a confianza dos nosos dirixentes que veña Deus e o diga.

Así remata o post





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.