Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de enero de 2016

"CUANDO RUGE LA MARABUNTA"








Pablo Picasso dicía  que si chegaba a inspiración a ser posível o collera traballando e así  lle aconteceu a Byron Haskin con este filme. Unha narración cun argumento do máis sinxelo convertido por obra e graza de Charlton Heston e Eleanor Parker nunha das historias de amor e desamor, de vida e morte, máis apaixoadas da sétima arte. A cadencia, o ritmo que vai “in crescendo”, as emocións, o xogo de luces de George Pal, os puxo neste  2016 Pablo Iglesias (un cinéfilo de pro) no Congreso dos Deputados pero lle saíu o tiro pola culata.

Nunha manobra de trilero concorreu as eleicións nunha gran coalición eleitoral, nunha Marea, pensando que así duplicando ou triplicando as siglas podía bater ao principal partido da oposición, porque doutro xeito era tarefa imposible. Unha “proeza individual” coma a de Charlton Heston, tentando arrebatar ao río a maior marxe posível. Para iso, esquecéndose por completo das leis e do regulamento prometeu a xente coma o  Beiras que tranquilos que vides con nós e vos damos grupo propio, sin mentar siquera que contraviña unha das normas máis taxativas do Regulamento do Congreso dos Deputados,a que reflicte o artigo 23 parágrago 2, que non se pode predicar no púlpito e repicar no campanario. O mesmiño fixo en Valencia, en Cataluña, nun problema de agudeza visual, pero non de ceguera, porque hai que lle recoñecer ao Iglesias que parvo non é.

Pos mira ti por onde se presentou diante do máis que posible socio de goberno pedindo que se puxera unha venda nos ollos e a cambio de darlle a Presidencia da Mesa permitira catro grupos escindidos dunha mesma árbore. E resultou que recibíu un non por resposta. Xogou a contenda eleitoral con cáseque toda a baralla e foi de farol, ata que a realidade fixo que se pegara de bruces. Despós chegaron os lamentos:  hoxe nun Blog Cambadés un veciño  que segue as súas teimas fala de “asalto á democracia”, coma se D.Pablo non fora a día de hoxe consciente do erro que cometeu, xogar ao billar co Regulamento do Congreso. Ten a desfachatez de minusvalorar ao PNV polos resultados electorais colleitados obviando que sen esta forza política, unha vez saíron do medio os “iluminati” de Arzallus e Ibarretxe, foi clave para acabar con ETA, porque fixeron o que na política se denomina de  contrapeso.


“Probablemente en vindeiros artigos analice a actitude nas redes sociais dos simpatizantes de PSOE e BNG” … pos bóato a ver, pero te recomendo uns anteollos deses que se os pos dun lado ves formigas e si os pos a revés, elefantes. Que me veña decindo que por exemplo en Cambados se viu máis inimigo a Podemos que ao PP  é de traca, cando o PSOE fixo coa súa Alcaldesa e Secretaria Xeral da Agrupación Socialista de Cambados ao fronte unha campaña modélica, sen tacha algunha.  Dou e comparto o relato  no Mitin Central (aquí non houbo mitin nin nada de nada de En Marea, só proclamas nas Redes)  unha clase maxistral do que significa defender un proxecto construído polas personas e para as personas, porque o maior capital dunha formación política son os votos, ou o que é o mesmo,  as personas e engado repit  para quen non tivo a oportunidade de escoitar a Fati o  alí expresado  que ten un correlato coa realidade taxativo na maneira de obrar de Pedro Sánchez. Aquí a xente o que pedíu foi un cambio, en Cambados e en Madrid, e si Podemos quere transformar o país que principie por ser máis dialogante,  que con esa altura de miras e anteollos van as formigas a lle comelos  pés.

Un artigo de Óscar Manuel Núñez.-




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.