Programa concurso de cociña que percorrerá diferentes vilas galegas (Allariz, Vilagarcía, Celanova, Padrón, Ribeira, Muros, Silleda, Noia, Sanxenxo, Betanzos, Cambados, O Grove, Viveiro e Xinzo) para atopar os mellores cociñeiros afeccionados da nosa gastronomía.
Cada semana, Xosé Barato e Federico Pérez, dous rostros ben coñecidos da TVG, visitarán estas vilas para atopar e seleccionar tres concursantes con dotes para a cociña, moito humor e ganas de pasalo ben e competir no estudio de 'Desafío nos Fogóns'. Pero, ante todo, o seu obxectivo será demostrar que son os mellores preparando produtos típicos das súas respectivas vilas, gañar en cada edición 1.000 euros e continuar a súa permanencia no programa para seguir demostrando a súa destreza nos fogóns e defendendo a súa vila.
Os presentadores de “Desafío nos Fogóns” non estarán sós neste reto. Cada edición, Héctor López, membro do grupo Nove e xefe de cociña do Restaurante España, e Churra Costa, unha cociñeira da súa casa, ex-concursante dun coñecido espazo de cociña e colaboradora de “Sopa de Festa”, serán os encargados de realizar as valoracións máis técnicas dos aspirantes, formando tamén parte das catas finais das probas do programa.A premisa principal de “Desafío nos Fogóns” é entreter o espectador. Cada entrega estará chea de ritmo, que á súa vez irá acompañado dun pequeno compoñente de “reality”. Ao longo do programa ofreceranse as impresións dos concursantes, en que lembrarán os mellores momentos vividos e como se sentiron en cada momento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.