Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de abril de 2015

A CAÍDA DO MURO DE CAMBADOS







         O VENTO DA LIBERTADE                               


A caída do muro de Berlín foi un dos grandes acontecimentos do Século XX. O 9 de novembro de 1989 ese enclave caeu producto do vento da liberdade que levou ao pobo a tiralas barreiras da intolerancia. “La Vida de los Otros”( Das Leben der Anderen) é  unha longametraxe  alemán do ano  2006 que narra o que serían os derradeiros anos da vida da antiga RDA, e do poder de manipulación e de chantaxe do que eran vítimas os seus habitantes. Había unha lista negra onde se caías nela levabala clara. Por suposto que si  lle falabas de tal lista  ao político de turno a  resposta e que esa lista non existía, que naquel país se gobernaba para todos namentras se profesara un  amor incondicional polo  Partido. Sónavos de algo? Eu penso que sí.
Luis Aragunde en Faro de Vigo prometeu ao inicio da lexislatura gobernar para tódolos Cambadeses aínda que por problemas de espazo, presuntamente, non recalcou que voten ao PP. E a xente comeza a decatarse de que o que fai esta xente do PP “atenta contra a democracia (A Isla Mínima, Alberto Rodríguez). Hai un par de semanas lin nos medios que se escapan do control da Stasi (a policía secreta da RDA que ten dentro de certa estructura formal un clon no Concello Cambadés) un documento  escrito de  xeito directo e valente que confirma que na nosa vila aínda resta moito por facer para restablecer a democracia real, non este Cambados feudal.

DURÍSIMAS DECLARACIÓNS DUN HOSTELEIRO CAMBADÉS

Hai xente coma Carmelo que ten dignidade e non pasa polo aro dos que disque levan un Concello saneado e nin siquera lle dan as grazas aos veciños de ser certo (que non O é, por iso nin entregan a documentación nin respostan as preguntas que lle fai a oposición). Sen ir máis lonxe o outro día estaba sentado nunha terraza e viña un arume polo aire que era un hedor insoportable, e moita  xente da vila sabe que as augas fecais van directamente ao mar e non  din nada porque os responsables son os mesmos que lle deron unha licencia para construíren un galpón na súa casa sen ceñirse ao ordenamento xurídico, os que colocaron ao seu sobriño nun Obradoiro sen mediar un concurso público,  ou cousas inconfensables que millor nin mentalas, a cuestión é ir colocando outra peza no Muro.
Agora que chegan as eleicións os muñidores de votos comezarán a traballar para seguiren  perpetuando este xeito de levar Cambados  que fai que co tempo se produzan problemas estructurais e un deterioro das condicións de vida dos veciños. A miña compañeira Fátima Abal leva recibido centos de  queixas (sobre todo das parroquias) por mor da ineficiencia  do grupo de goberno actual e loitando por eles contra un auténtico muro coma é un Concello e a súa maquinaria,  que pon tódalas trabas habidas e por haber. Aínda así persevera e chega a última instancia xudicial xunto a un equipo formado por xente comprometida e con valores que a pesares dos atrancos que teñen que acometer (sen ir máis lonxe explicarlle á xente que reflicte que lle gostaría ir ao Mitín de mañá martes e  teñen medo a que señan amonestados polos siervos de Escrivá / Aragunde,  que non teñan medo, que éste é un país libre  e que é o futuro dos seus netos, dos seus fillos,  o que está en xogo).
Resta pouco para o 24 de xa Maio pero ese traballo, esa ilusión por millorar a calidade de vida dos nosos veciños é unha enseña que levan para pedilo voto para mudar Cambados e facer del un lugar onde vivir sin medo.  Coma o meu compadre Arturo Cores reflicte en moitos dos seus artigos se queres cambialas cousas, con un voto é posible, por iso loitaron millóns de personas, para acadar un país onde houbera  libertades. Aquí aínda se resisten a pechar esa etapa da Historia, pero o vento da libertade está con nós, e non haberá barreiras nen muros que podan con él.
Óscar Manuel Núñez.-
Cinéfilo.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.