O Concello debe prestar servizos municipais de calidade e ben xestionados para contribuír a mellorar a vida de todos os veciños e veciñas de Cambados. Esta obriga non se cumpriu ao longo dos anos de goberno local de Luis Aragunde e o seu equipo. Case a totalidade dos servizos municipais foron privatizadosa empresas afíns ao Partido Popular, sen que isto redundara nunha mellor xestión ou nun abaratamento das taxas que pagamos os cambadeses e cambadesas. Máis ben, todo o contrario.
Por iso, Somos Cambados intentará recuperar todos os servizos públicos privatizados, analizando un a un os contratos asinados e ver cales se poden anular o antes posible para mellorar eses servizos básicos para a cidadanía cambadesa.
Sen dúbida, un dos servizos que máis preocupa e descontenta aos veciños e veciñas de Cambados é o Servizo de Abastecemento de Auga sanitaria aos domicilios. Son numerosas as persoas que se queixan deste servizo, cuxo prezo consideran moi caronun concello galego que non padece problema de seca. Tamén son abundantes as reclamacións no relativo ao servizo de Saneamento, igualmente privatizado polo Partido Popular. As queixas esténdense ao servizo de recollida do Lixo, cuxas taxas tampouco son precisamente baratas.

Eliminar os puntos de vertidos ao mar e os insufribles cheiros que padecemos, sobre todo no verán, debido á mala execución do saneamento, debe ser outra prioridade na axenda do novo goberno de Cambados. Cambadeses e turistas non temos porque seguir a sufrir ese cheiro noxento. Iso hai que arranxalo.

Por último, cómpre rematar este comunicado dicindo que Somos Cambados revisará todos os impostos, as taxas dos servizos e os custes dos mesmos, e negociará a súa baixa coas empresas que teñen adxudicado a privatización dos distintos servizos. Ademais, Somos Cambados comprométese a non subir ningún imposto nin taxa na seguinte lexislatura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.