Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

8 de julio de 2014

IDENTIFICADO O AUTOR DAS PICADAS DE RODAS NA RÚA CASTELAO





Foto: " A TI MEU CAMBADOS"
Identificado pola Guardia Civil a persoa que picou as rodas dos vehículos estacionados na rúa Castelao de Cambados.
Segundo fontes cercanas a investigación trataríase dun home veciño da zona de Sanxenxo e que estivo relacionado sentimentalmente con unha das afectadas.
Ao parecer o home fora denunciado pola muller por violencia de xénero, algo que o propio sospeitoso recoñeceu.
Lembremos que varios veciños da rúa Castelao de Cambados empezaron a semana de xeito apurado por culpa dun ou uns vándalos que na noite do sábado ao domingo se dedicaron a picar os pneumáticos e danar coches aparcados aquí.
A nova foi publicada en primicia por "A TI MEU CAMBADOS" e onte foi difundida pola TVG. (Fotos pequenas)
Unha familia tiña fóra o coche maila furgoneta e agora teñen que afrontar a reparación de seis rodas picadas.
Os propietarios denunciaron ante a Garda Civil uns feitos que, segundo contan, ocasionaron sorpresa na veciñanza.

 Ademais dos trastornos que ocasiona non dispor do teu coche cando vas utilizalo neste caso os afectados teñen que desembolsar os cartos que require a reparación. Para algúns vai supoñer ter que cambiar os catro neumáticos inesperadamente.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.