Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de noviembre de 2013

OPERACIÓN CONTRA O FURTIVISMO





 Axentes do Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar, requisaron máis de 963 quilos de distintas especies e 273 aparellos de pesca en distintos operativos realizados polas rías de Pontevedra e Arousa.
As actuacións, levadas a cabo en diversos operativos, saldouse co comiso de máis de 232 quilos de nécora, 42 quilos de camarón, 37 quilos de polbo, preto de 26 quilos de navalla, 168 quilos de ameixa, 49 de ostra, 38 de zamburiña e máis de 17 quilos de carneirolo. O máis destacado foi o comiso de preto de 353 quilos de centola, especie que se atopa en veda ata mañá.

Por outra banda, os axentes do Servizo de Gardacostas xunto coa Policía Autonómica incautaron un total de 273 aparellos de pesca. Así, requisáronse un total de 27 salabardos, 88 nasas e 158 cacharros de polbo sen identificar. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.