Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

16 de noviembre de 2013

MARISCADORES DE CAMBADOS CONTESTAN AS MENTIRAS DE BENITO GONZÁLEZ




NOTA DE PRENSA DA AGRUPACION DE MARISCADORES DE VARA

Esta Agrupación perante as acusacións gravísimas verquidas polo Patrón Maior de Cambados D. Benito González, imputado en duas causas por malversación de caudais públicos , unha en Santiago e outra en Cambados, ten que facer as seguintes consideracións: 1º.- Todos, e dicimos todos os membros da Agrupación de Mariscadores de Vara encadrados na Confraria de Cambados saben que o Patrón Maior de Cambados, minte descaradamente. 
2º.- En Asemblea celebrada polos rañeiros, acordouse emprender acción legais polos presuntos delitos de apropiación indebida e estafa pola cuota posta unilateralmente polo imputado Patrón Maior Benito González, denuncia que previa a súa formalización será presentado no Xulgado de Garda de Cambados, facendo pública este colectivo a súa presentación. A presunta apropiación indebida é dunha contia considerabel, pois pode chegar a superar os 22.000 euros.

3º.- A semente , normalmente vai no couta que todos os anos pagan os socios da Agrupación de Mariscadores de Vara , e dicir 300 euros anuais para os socios consolidados, e 500 € para os de novo ingreso.
4º.- Os 100 euros que a maiores cobrou a Agrupación aos Rañeiros era para mercar mais semente da normal, este acordó foi tomado por unanimidade nunha asemblea dos Rañeiros, e asemade foi retirado tamén por unanimidade nunha asemblea xeral tamén dos rañeiros.
3º.- Preto das acusacións de crispación e enfrontamento constante, de “sectarismo e clientelismo” e que o sector é un “verdadeiro desastre”, realmente aquí había que aplicar aquel famoso refrán que di “pensa o ladrón que todos son da súa condición”, e temos que dicirlle o imputado González o seguinte:
a) Nunca o Agrupación de Mariscadores de Vara estivo tan unida , pois a maioria dos acordos tománse case por unanimidade sempre estando en desacordo dous ou tres “satélites” de Benito González. b) Quen realmente alimenta a crispación, enfrontamento, sectarismo e clientelismo é o propio patrón maior cando se dedica a querellarse, cos cartos da cofradía, contra socios da misma por discrepar del en asembleas ou reunións, un dos querellados foi precisamente o que suscribe, querela que se arquivou e que está pedente de taxa de custas que terá que abonar o propio Benito González.
c) Adicase continuamente a todo aquel socio que discrepe da súa xestión a “intimídalo” mediante cartas, abosolutamente fora de lugar, que son enviadas a estas personas para que cesen nas súas declaracións. d) Clientelismo Sr. González e manter a xente xubilada no cabildo da Confraria de Cambados para que apoien a súa xestión co visto e prace da Xunta de Galicia, ou a persoas que fan traballos para outras empresas. e) Sectarismo é o seu ingreso “de facto” en certa organización politica que todos sabemos , despreciando os socios que non pensen coma Vde. f) Desastre, e realmente o que esta a suceder na confraria que Vde. dirixe que pasou de ter superávit a estar empeñada “ata as ourellas” debido a súa desastrosa xestión. g) Intransixencia é estar a prol de non celebrar eleccións democráticas cada catro anos, levando Vde. “alegalmente” instalado como “capo de tutti capi” na confraria de Cambados. h) Falando de destrucción, dicir que o imputado Pelea colleu unha confraria perfectamente saneado e na actualidade debido a suas débedas está ao borde da destrucción total , ERES, cobros “especiais”, impagos etc, e outras circunstancias que todos os rañeiros e socios da confraria coñecen.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.