Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta VTC. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta VTC. Mostrar todas las entradas

20 de junio de 2017

CURSO DE INICIACIÓN Á VELA TRADICIONAL














A Concellería de Deportes do Concello de Cambados informa que, esta semana abríronse as inscripcións para os interesados/as en asistir ao “I Curso de Iniciación á Vela Tradicional”, que terá lugar no Peirao de Santomé entre os días 17 e 21 de xullo e suporá a posta en marcha da Escola Municipal de Vela Tradicional. O número de prazas será de 40 e a inscripción estará aberta ata agotalas por riguroso orde na oficina do Dinamizador Deportivo sita no Edificio Multiusos de A Merced, Avenida da Coruña, segundo piso, en horario de 9:30 a 13:30 horas.
O curso será impartido pola Asociación Vela Tradicional de Cambados e, por primeira vez, se utilizarán embarcacións tradicionais a vela da Ría de Arousa, como son dornas, pulpeiras e loros.
O curso será de vinte horas de duración, do luns 17 de xullo ao venres 21 de xullo, ambos inclusive, co horario seguinte: de 10:00 a 14.00 horas, pola mañá, para nenos/as de 10 a 15 anos e de 16:00 a 20:00, pola tarde, para adultos de 16 anos en diante.
O prezo será de 20 € para o grupo de 10 a 15 anos e de 30 € para os de 16 anos en diante e inclúe, ademáis do custe do curso, a licenza e o seguro obrigatorio.