Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta UGT. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta UGT. Mostrar todas las entradas

30 de septiembre de 2015

UGT E CCOO PRESENTAN UNHA ILP POR UNHA PRESTACIÓN DE INGRESOS MÍNIMOS









Os secretarios xerais de CCOO e UGT de Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión e José Antonio Gómez, presentaron esta mañá a iniciativa lexislativa popular (ILP) por unha prestación de ingresos mínimos. A proposta configúrase como unha axuda de 426 euros mensuais para as persoas que non teñan ningún tipo de ingreso.
Xosé Manuel Sánchez Aguión e José Antonio Gómez no momento en que asinan a ILP
Xosé Manuel Sánchez Aguión e José Antonio Gómez no momento en que asinan a ILP
Segundo os cálculos dos sindicatos, esta prestación axudaría a máis de dous millóns de persoas en todo o estado, preto de noventa mil en Galicia. Trátase de persoas que poden e queren traballar, pero que non o poden facer, e ás que os actuais mecanismos de protección non dan resposta e carecen, por tanto, de recursos para vivir.







30 de abril de 2015

MANIFESTACIÓNS DO 1º DE MAIO







CCOO e UGT mobilizaranse o Primeiro de Maio para esixir outras políticas coas que saír da crise sen perder dereitos.Os sindicatos consideran que as persoas «son o primeiro», polo que piden a fin dos recortes e o establecemento dunha prestación de ingresos mínimos.
Os secretarios xerais de CCOO e UGT en Galicia, Xosé Manuel Sánchez Aguión e José Antonio Gómez, respectivamente, compareceron xuntos diante dos medios de comunicación para presentaren as mobilizacións dos dous sindicatos con motivo de mañán, Primeiro de Maio. Nesta data, ambas as organizacións percorrerán as rúas principais de cidades e vilas galegas para esixiren políticas que sitúen as persoas en primeiro lugar e permitan saír da crise sen perda de dereitos.
MANIFESTACIÓNS:
— A Coruña: ás 12 h con saída da praza da Palloza
— Ferrol:  ás 12 h con saída da praza do Inferniño
— Santiago de Compostela:  ás 12 h con saída da Alameda
— Viveiro:  ás 12 h con saída do edificio de sindicatos (r. García Doriga)
— Lugo: ás 11:30 h con saída do edificio de sindicatos (rolda da Muralla)
— Ourense:  ás 12 h con saída do Pavillón dos Remedios
— Vilagarcía de Arousa:  ás 12 h con saída da praza de Ravella
— Pontevedra:  ás 12 h con saída da praza da Ferrería
— Vigo: 11:30 h con saída do cruzamento da vía Norte con Urzáiz


A CIG pola sua banda, chama a saír á rúa este Primeiro de Maio para reclamar ‘Contra a pobreza, emprego e Salarios Dignos”

Suso Seixo denuncia a situación de pobreza que padece a clase traballadora galega aínda tendo emprego
A CIG convoca para este Primeiro de Maio 12 manifestacións que percorrerán as cidades e principais vilas de Galiza baixo o lema “Contra a pobreza. Emprego e salarios dignos”. Así o anunciou o secretario xeral, Suso Seixo, quen compareceu esta mañá en rolda de prensa acompañado do secretario confederal de Comunicación, Francisco Miranda Vigo.
15-04-27 Rp primeiro de Maio
A CIG optou por este lema porque, tal e como explicou Seixo, desde o comezo da crise se perderon en Galiza miles de empregos e, parello a isto, produciuse un empobrecemento xeneralizado da clase traballadora. Para demostralo lembrou que “o único tramo de asalariados/as que medrou nos últimos anos foi o que cobra a metade do SMI”.

Horas e lugares de saída das manifestacións da CIG
A Coruña: ás 12:00 horas desde a Praza de Vigo.
Compostela: ás 12:00 horas desde a Praza Roxa.
Ribeira: ás 12:00 horas desde a Praza do Peixe.
Ferrol: ás 12:00 horas desde o local da CIG.
Lugo: ás 12:00 horas desde o edificio sindical na Ronda da Muralla.
Viveiro:  ás 12:00 horas con saída na estación do FEVE.
Ourense: ás 12:30 horas do Pavillón dos Remedios.
Pontevedra: ás 11:30 horas desde a Ferrería.
Vilagarcía: ás 12:00 horas desde a Casa do Mar.
A Estrada: ás 12:00 horas desde a Praza do Mercado.
Vigo: ás 11:30 horas desde a Doblada.
Cangas: ás 18:00 horas desde o Concello.



12 de noviembre de 2013

UXT ABRE UNHA OFICINA PARA INFORMAR A PARADOS E TRABALLADORES






A Unión Comarcal de UXT Pontevedra e Arousa ven de abrir en Vilagarcía unha oficina que presta apoio e asesoramento en materia laboral. O servizo é gratuíto e está orientado tanto a desempregados como a persoas con traballo. Entrou en funcionamento a pasada semana aínda que foi presentado esta mañá.

Este servizo será atendido por unha técnica de emprego, de luns a venres en horario de mañá e tarde nas oficinas de UXT en Vilagarcía, na Rúa Castelao. Trátase de que as persoas en paro ou ben aquelas que queiran mellorar o seu posto de traballo, poidan obter unha mellor preparación e orientación para acadar estes obxectivos. Este servizo ponse en marcha grazas á Consellería de Traballo da Xunta de Galicia, coa cofinanciación do Fondo Social Europeo. 


Un servizo de orientación que non substituirá senón que complementará ás aulas de formación ofrecida por este sindicato. As funcións que vai desenvolver a técnica de emprego pasan pola información e asesoramento do mercado de traballo, sobre incentivos e fomento da contratación, iniciativas emprendedoras ou orientación laboral. O servizo acolle tanto a persoas que acudan de xeito individual e o soliciten na propia oficina da UXT como a outras que veñen derivadas dos Servizos Públicos de Emprego.
O centro atópase situado no número 22 da rúa Castelao en Vilagarcía de Arousa.



1 de julio de 2013

CONVOCADA FOLGA NO SECTOR DAS PANADERÍAS E CONFITERÍAS





As Centrais Sindicais CIG, UGT e CCOO veñen de presentar a convocatoria de folga do sector das Panaderías y Confiterías para o 4, 5 e 6 de xullo.

Segundo dixeron nun comunicado conxunto os tres sindicatos "a decision foi tomada ante aactitude de mala fe demostrada a o longo das negociacións pola patronal dos panadeiros, que teñen como único obxetivo aproveitarse da reforma laboral (a cal establece que os convenios que non se renoven antes do próximo 8 de Xullo desaparecen) e deixar asi a mais de 2.000 traballadores da provincia sen convenio colectivo. Polo que pasarian a percibir o salario minimo interprofesional", fixado en 645 euros ao mes.

Ante esta situación, novamente se solicitou a participación do Consello Galego de Relacións Laborais na mesa de negociacións e despois de 5 reunions a Patronal e os Sindicatosaceptaron que o Consello fixera unha proposta que permitise firmar o Convenio Colectivo.As centrais sindicais levan dende xaneiro do 2012 emprazando á patronal a sentarse a negociar o novo Convenio Colectivo, "e foron de maneira reiterada dilatando o comezo da mesma sempre con disculpas", o que obrigou aos Sindicatos a pedir a mediación do Consello Galego de Relacións Laborais (AGA), a cal tivo lugar o 29 de outubro, na que a patronal se comprometeu a constituir a mesa de negociación e despois de 6 reunións "se constatou a mala fe da patronal que acudiu as reunions sen intención de acadar un acordo, e esperar así que se aproximase o 8 de xullo de 2013".

A proposta do Consello Galego foi: Convenio por dous anos, 2012 y 2013, incremento salarial 0,6 % para o 2012 Sen carácter retroactivo, e do 1 % para o 2013, Creación de unha bolsa de distribución irregular da Xornada Anual de 100 horas, na que as empresas poderían modificar os horarios dos traballadores, asi como tamén pasar a cobrar el 100 % de la baixa por enfermedad en lugar do décimo día da baixa ao dia 15.
Pola parte dos Sindicatos someteron a proposta a asemblea dos traballadores os cáles aceptaron a proposta do AGA mentras que pola parte empresarial e a pesar de haber aceptado no AGA decidiron no respetar o acordo.

As centrais sindicais "denuncian o mal talante e falta de respecto aos traballadores e tamén ao AGA, que dende un principio das negociacións a patronal APROINPA, esta a ter neste Convenio".Convocadas novamente as partes polo AGA o pasado dia 25 de xunio a patronal se levantou da mesa de negociación e se foi sen firmar as actas, "o cal ven a reafirmar a mala fe da patronal e deixar claro que o único obxetivo é deixar sen dereitos aos traballadores do sector das panaderias", din os representantes dos traballadores.

"Negociacións nas que os traballadores demostraron estar á altura das circunstancias e con coherencia xa que despois de dous anos co Convenio paralizado e despois duras negociacións e con e ilusión de ter chegado a un principio de acordo outra vez mais a patronal bote todo a perder, e polo que non nos queda outra que tomar medidas como a convocatoria de folga e defender o dereito de ter un Convenio digno para o sector".



11 de marzo de 2013

MANIFESTACIÓNS EN PONTEVEDRA. DIA DA CLASE OBREIRA






CIG protagonizou este día 10 de marzo, Día da Clase Obreira Galega, unha manifestación en solitario en Pontevedra contra os recortes do Governo.
Nesta ocasión, non obstante, o sindicato nacionalista quixo centrar o foco na negociación colectiva, como sinala o responsable de CIG-Metal Marcos Conde, "levamos xa catro anos sufrindo medida tras medida e recorte tras recorte en tódolos sentidos, tanto social como laboral. Tasas, recortes en sanidade ou educación e a última a reforma da negociación colectiva que é o estoque que quere acabar coas relacións laborais que funcionaban dende que entrou a democracia".
Para Conde, aínda que a participación nas mobilizacións poida descender nalgunhas ocasións, o descontento da cidadanía segue estando patente, "pode haber menos concurrencia porque non podemos esuqecer que hai ameaza de alerta laranxa, pero a xente é coñecedora do que nos xogamos neste momentos".

Por outra banda baixo o lema "Contra o paro. Seis millóns de razóns" os sindicatos UGT e CCOO manifestáronse este domingo 10 de marzo escenificando unha vez máis o seu descontento coas medidas laborais aplicadas nos últimos meses polo Goberno.
A protesta, que arrancou da Praza da Ferrería para rematar fronte á Subdelegación do Goberno, centrouse nos efectos da reforma laboral e as dificultades na negociación colectiva, ademais de pedir unha democracia máis participativa, como sinala o secretario comarcal de UGT Ramón Vidal, "queremos indicarlle ao Goberno que así non imos ben, xa somos seis millóns de parados. O que pedimos é que haxa verdadeira democracia participativa e buscar consensos que poidan plantexar solucións eficaces, non esta reforma laboral que o único que fai é producir despedimentos e non contratos".
Compartindo este argumento o mandatario local de CCOO, José Luis García Pedrosa, centrou as súas queixas nunhalexislación que permite a empresas con beneficios realizar axustes de plantel, "aquí Celtic Estores despide 16 traballadores e ENCE plantexa 39 en Pontevedra, eso é indecente, que a lexislación laboral en España permita que unha empresa que presenta 43 millóns de beneficio plantexe o despedimentos é algo que non se pode entender".
A mobilización non foi tan numerosa como outras protestas recentes, algo que García Pedrosa xustifica na oportunidade de escoller as datas, "as mobilizacións están a ser en zig-zag, está a haber algunhas moi masivas e outras máis reducidas, as veces acertamos no momento e noutras non. Igual esta chega un pouco tarde para conectar co momento de indignación".

9 de marzo de 2013

MANIFESTO DE CC.OO E UGT PARA AS MANIFESTACIONS DE MAÑAN







UGT e CCOO convocamos a cidadanía para manifestarnos CONTRA O PARO E POLA REXENERACIÓN DA DEMOCRACIA o próximo 10 de marzo, sumándonos á iniciativa de mobilizacións europeas convocadas pola Confederación Europea de Sindicatos en toda a Unión Europea.
O 10 de marzo, mobilizacións en toda Galicia
Para reprobarmos as actuacións dunha Comisión Europea enrocada en políticas fracasadas, allea aos problemas da cidadanía europea á que deben a súa lexitimidade e incapaces de comprender a que intereses deben servir as institucións europeas e os recursos comúns dos europeos. Tras cinco anos de crise, o único que crece dentro e fóra de Europa é a desigualdade, o desemprego, a miseria, a exclusión social e as dúbidas sobre uns dirixentes europeos cuxa pertinaz insistencia en políticas fracasadas é inaceptable.


Para lle facer saber ao Goberno de España que o tempo das mentiras e os discursos baleiros rematou. Seis millóns de persoas en paro en España, trescentas mil en Galicia, das que cento vinte mil non reciben ningún tipo de prestación, noventa e un mil fogares galegos con todos os seus membros en desemprego, e máis do 22 % da poboación da nosa comunidade vivindo por baixo do limiar da pobreza son a insoportable realidade. Unha realidade que, segundo todos os datos, se agravará día a día porque continuaremos en recesión económica, as grandes empresas seguen presentando ERE con despedimentos masivos, continúa a sangría de despedimentos individuais… O debate sobre o estado da nación mostrounos un presidente do Goberno cada vez máis apartado dos problemas da cidadanía. De non se corrixir con urxencia e a fondo ese distanciamento, pode abocarnos a situacións como a de Italia, onde as recentes eleccións demostraron o éxito das opcións populistas e o fastío dunha parte da poboación co actual funcionamento das institucións democráticas.



Para denunciarmos, con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller Traballadora o vindeiro 8 de marzo, as consecuencias que a crise e as políticas neoliberais teñen en materia de xénero: incremento da brecha salarial entre homes e mulleres, recortes de emprego na función pública con forte presenza de mulleres, redución de servizos sociais e na atención á dependencia que favorecían a incorporación das mulleres á vida laboral ou supresión de organismo que defenden e apoian os dereitos da muller.



Para rexeitarmos o desmantelamento dos servizos públicos (sanidade, educación, dependencia, servizos sociais…) e calquera reforma unilateral do sistema público de pensións que o converta noutro instrumento das políticas de axuste, espoliando outra volta os dereitos da cidadanía e abandonando á súa sorte os actuais e futuros pensionistas.


Para advertirmos ao Goberno e aos grupos parlamentarios das Cortes sobre calquera intento de enganar a cidadanía na tramitación parlamentaria da iniciativa lexislativa popular pola dación en pagamento e a paralización dos desafiuzamentos que desvirtúe ou perverta os seus principais obxectivos.

                                                                                                             

Para rexeitarmos a reforma da lei de bases de réxime local, porque debilitará as capacidades de actuación das corporacións locais, as administracións máis próximas ás persoas, nun novo intento de negar financiamento para os servizos á cidadanía, mentres convertemos en débedas de todos (tres puntos de déficit público) a fraudulenta xestión dos directivos das entidades financeiras.




Para condenarmos todos os intentos de deslexitimación ou represión dos dereitos constitucionais de expresión, pensamento ou manifestación. Exhiben un arrepiante desprezo polos principios democráticos aqueles que pretenden criminalizar a mocidade por se manifestar libremente desde as institucións que a representan, especialmente se utilizan como argumento o financiamento público desas institucións; con esa lóxica deberiamos eliminar os grupos de oposición de todas as institucións democráticas, cuxo deber é controlar e discrepar de quen exerce as responsabilidades de Goberno, por recibiren para a súa función —como é necesario— financiamento público. Condenamos así mesmo a decidida vontade do Ministerio do Interior de converter o conflito social nun conflito de orde pública, ordenando intervencións desproporcionadas para reprimir manifestacións pacíficas.


Para rexeitarmos os casos de aberta complicidade entre cargos públicos e empresas, que corrompen o exercicio da actividade política, levantan diante dos ollos da sociedade un perigoso muro de desconfianza cara ás institucións democráticas e aceleran a deterioración da armazón institucional que xurdiu da transición democrática.


Esiximos que se lle devolva á política a súa condición de ferramenta ao servizo das persoas, expulsando as persoas corruptas da vida pública e acometendo as reformas constitucionais que cumpran.Por todo isto, CCOO e UGT convocamos as traballadoras e traballadores, a cidadanía en xeral, ás manifestacións que percorrerán as principais cidades do país o 10 de marzo.


MANIFESTACIÓNS DO 10 DE MARZO EN GALICIA (todas ás 12h, agás Ourense, que será ás 11:30)- A Coruña: praza da Palloza - Obelisco

- Ferrol: monumento 10 de Marzo - praza de Armas

- Santiago de Compostela: Alameda - praza das Praterías

- A Mariña: concentración ás 12 h na praza da Mariña

- Lugo: rolda da Muralla, n.º 58 - Subdelegación do Goberno

- Ourense: pavillón dos Remedios - Subdelegación do Goberno

- Vilagarcía de Arousa: avenida da Mariña - praza da Ravella

- Pontevedra: praza da Ferrería - Subdelegación do Goberno

- Vigo: cruzamento da Vía Norte con Urzáiz - edificio administrativo da Xunta

9 de marzo de 2012

O paro feminino creceu máis que o masculino en 2011 en Galicia


Día da Muller

O paro feminino creceu máis que o masculino en 2011 en Galicia

A pesar de que nos últimos anos a incorporación da muller ao mundo laboral incrementouse progresivamente, os estudos sindicais apuntan a que no último ano o paro creceu máis en Galicia entre as mulleres que entre os homes, á vez que os soldos continúan sendo inferiores para elas, en concreto un 23 por cento con respecto aos seus compañeiros.
 
Nun estudo realizado polo sindicato Comisións Obreiras con motivo da celebración hoxe do Día da Muller, a cifra de mulleres activas alcanzou as 611.400 en 2011, aínda que a taxa de actividade é do 49,2 por cento, fronte ao 61,7 por cento dos homes.

Así, segundo os datos achegados polo sindicato UXT, a taxa de paro sitúase no 19,1 por cento no caso das mulleres -afecta a 139.477 mulleres-, fronte ao 17,6 por cento dos homes.

Por iso, aínda que UXT ve un «proceso de converxencia» entre o desemprego feminino e o masculino nos últimos anos, destacou que o das mulleres segue sendo superior ao dos homes aínda a pesar de que a crise afectou «de forma máis contundente a sectores masculinizados».

Por provincias, indica este sindicato, unicamente na Coruña supérase a taxa de actividade feminina da media galega, cun 52,8 por cento. Na vertente negativa, destaca a provincia de Pontevedra, onde a cuarta parte da poboación activa feminina -o 24,5 por cento- está en paro.