As Centrais Sindicais CIG, UGT e CCOO veñen de presentar a convocatoria de folga do sector das Panaderías y Confiterías para o 4, 5 e 6 de xullo.
Segundo dixeron nun comunicado conxunto os tres sindicatos "a decision foi tomada ante aactitude de mala fe demostrada a o longo das negociacións pola patronal dos panadeiros, que teñen como único obxetivo aproveitarse da reforma laboral (a cal establece que os convenios que non se renoven antes do próximo 8 de Xullo desaparecen) e deixar asi a mais de 2.000 traballadores da provincia sen convenio colectivo. Polo que pasarian a percibir o salario minimo interprofesional", fixado en 645 euros ao mes.
Ante esta situación, novamente se solicitou a participación do Consello Galego de Relacións Laborais na mesa de negociacións e despois de 5 reunions a Patronal e os Sindicatosaceptaron que o Consello fixera unha proposta que permitise firmar o Convenio Colectivo.As centrais sindicais levan dende xaneiro do 2012 emprazando á patronal a sentarse a negociar o novo Convenio Colectivo, "e foron de maneira reiterada dilatando o comezo da mesma sempre con disculpas", o que obrigou aos Sindicatos a pedir a mediación do Consello Galego de Relacións Laborais (AGA), a cal tivo lugar o 29 de outubro, na que a patronal se comprometeu a constituir a mesa de negociación e despois de 6 reunións "se constatou a mala fe da patronal que acudiu as reunions sen intención de acadar un acordo, e esperar así que se aproximase o 8 de xullo de 2013".
A proposta do Consello Galego foi: Convenio por dous anos, 2012 y 2013, incremento salarial 0,6 % para o 2012 Sen carácter retroactivo, e do 1 % para o 2013, Creación de unha bolsa de distribución irregular da Xornada Anual de 100 horas, na que as empresas poderían modificar os horarios dos traballadores, asi como tamén pasar a cobrar el 100 % de la baixa por enfermedad en lugar do décimo día da baixa ao dia 15.
Pola parte dos Sindicatos someteron a proposta a asemblea dos traballadores os cáles aceptaron a proposta do AGA mentras que pola parte empresarial e a pesar de haber aceptado no AGA decidiron no respetar o acordo.
As centrais sindicais "denuncian o mal talante e falta de respecto aos traballadores e tamén ao AGA, que dende un principio das negociacións a patronal APROINPA, esta a ter neste Convenio".Convocadas novamente as partes polo AGA o pasado dia 25 de xunio a patronal se levantou da mesa de negociación e se foi sen firmar as actas, "o cal ven a reafirmar a mala fe da patronal e deixar claro que o único obxetivo é deixar sen dereitos aos traballadores do sector das panaderias", din os representantes dos traballadores.
"Negociacións nas que os traballadores demostraron estar á altura das circunstancias e con coherencia xa que despois de dous anos co Convenio paralizado e despois duras negociacións e con e ilusión de ter chegado a un principio de acordo outra vez mais a patronal bote todo a perder, e polo que non nos queda outra que tomar medidas como a convocatoria de folga e defender o dereito de ter un Convenio digno para o sector".

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.