Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta TORNEOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta TORNEOS. Mostrar todas las entradas

21 de agosto de 2019

I TROFEO CONCELLO DE CAMBADOS DE FÚTBOL VETERANO


Este sábado celébrase o 1º Trofeo Concello de Cambados de Veteranos no que participan Cafetería Soho Veteranos, Veteranos Albariño e Cafetería Vilariño Veteranos. Será no Pombal a partir das 18:30 horas.



26 de mayo de 2017

1º TROFEO "ARRIBADA GAÉLICA RÍA DE AROUSA"













O 17 de Xuño xógase o primeiro trofeo "Arribada Gaélica Ría de Arousa", donde imos ter de todo!!!
Este ano os 3 equipos da Ría de Arousa loitaremos por ver quen se proclama como mellor equipo... ¿será Mecos FG, Dorna FG, ou polo contrario quedará a copa na casa?
Os 3 equipos chegaremos o porto de tragove en dornas, e de ahí ghaiteirada e festa ata o campo, loitaremos... daranse os premios, despois de volta a tragove para finalizar a festa cun bó tercer tempo e de volta as dornas para despedir os equipos.. 
Pero ollo, porque ahí non termina todo, a noite temos churrascada e concertos con grupos locais en Brañas!!
Non te perdas a festa do gaélico!!! 
Todo isto non sería posible sen as asociacións de dornas, os grupos locais e toda a xente que está disposta a botar unha man, graciñas!!!
Programa:
9:00 Saída da navegación
12:30 Chegada dos equipos en barcos ao porto de Tragove
13:00 Comezo dos partidos no Pombal
16:30 Entrega de premios
18:30 Despedida dos equipos no porto de Tragove
22:00 Cea e concertos na Praza de Alfredo Brañas




26 de agosto de 2016

MAÑÁN XÓGASE O TORNEO DE FÚTBOL "VILA DE CAMBADOS"









XXXIV Trofeo Vila de Cambados
Este sábado, a partir das 18.30 horas en Burgáns, enfrontámonos ao CD Seixalbo, clube ourensá que militará na 2a Rexional Galega G9, con motivo dunha nova edición do Trofeo Vila de Cambados.
Último partido de pretempada para o equipo local antes de comezar a súa andaina na Primeira Rexional Galega G5.
Entrada público xeral: 3€
Socios/renovacións: Gratis





16 de agosto de 2016

TORNEO DO ALBARIÑO DE TENIS DE MESA













Datas e horarios:

         O sábado día 27 a partir das 9,30 da mañá se celebrarán as probas benxamín, alevín, sénior e veteranos e o domingo día 28 a partir das 10,00 da maña se celebrara a proba  absoluta.

Lugar:

         Pavillón de San Tomé en Cambados.

Categorías:

         Estableceranse as categorías seguintes en función da idade.

SABADO 27

Benxamín- nados anos 2006 a 2007

Alevín- nados anos 2004 a 2005

Sénior- nados anos 1978 a 1993

Veteranos + 50- nados anos 1958 a 1967

DOMINGO 28


Absoluto 







29 de junio de 2016

TORNEO DE PARTIDAS RÁPIDAS DE XADREZ EN CAMBADOS










O vindeiro 2 de xullo terá lugar na praza do Concello un torneo de partidas rápidas de xadrez. O evento está programado para as 20:30. A organización deste torneo levarase a cabo por parte de Miguel Palacios e José Ramón Rey, contando coa entidade "Xadrez Galego" como coordinadora e co Concello de Cambados como promotor da actividade. Para participar é preciso apuntarse previamente vía móbil ou watsapp no 652544207 ou ben falando por mensaxe privado no facebook de Miguel Palacios González.
Este torneo forma parte do conxunto de novas actividades relacionadas co xadrez que se están a desenvolver na vila. Así ponse fin ao programa do mes de xuño, que contou cun total de 16 horas de clase e dúas simultáneas nos institutos cambadeses. As clases continuarán en xullo polas mañás e o prazo de inscripción ao curso permanecerá aberto.

Cambados contará  tamén o día 2 coa ilustre presencia do Mestre  Internacional de Xadrez e Director de "Xadrez Galego" Roberto Páramos, que coordinará o transcurso do torneo e con quen os participantes poderán charlar nunha merenda programada para o peche da actividade.



22 de junio de 2016

A CAMBADESA ALBA TRIGO DISPUTARÁ O MUNDIAL DE PORTUGAL



Alba Trigo á dereita coa bandeira de Galicia




Tras a terceira e última xornada da Copa de España de Optimist no Club Náutico O Balís,  Alba Trigo (RCN Sanxenxo) proclamouse campioa da Copa de España, estando acompañada no podio por Nora Lasurt (CN O Balís),  Mariña Grau (CM San Antonio da Praia). 

España xa ten aos seus 13 representantes (5 Mundial e 8 Europeo) na clase Optimist para as dúas grandes citas internacionais, tras pecharse este luns a Copa de España que se disputou no Club Náutico O Balís, segunda cita selectiva.

Para a primeira delas, Mundial de Portugal, cita que terá lugar entre os días 27 de xuño e 7 de xullo en Mariña de Vilamoura, España contará con Conrad Konitzer (CN S'Arenal); Manuel Álvarez-Dardet (CN Porto Sherry), campión da Copa de España; Samuel Beneyto (RCN Gran Canaria), campión de España; Alberto Morais (RCN Arrecife) e Alba Trigo (RCN Sanxenxo), regatista que xa formou parte do combinado nacional no Europeo de Galés en 2015.






10 de octubre de 2015

APRAZADO O TORNEO DE TENIS 24 HORAS DE CAMBADOS






VII TORNEO 24 HORAS
Cambados 2015

                  Organiza                                                         Patrocina

Concello de Cambados

                                              



Por motivos climatolóxicos o torneo 24 Horas queda aprazado para o fín de semana do 24-10-2015


Categorías :  Absoluta y Sub-16

Celebración: Desde as 12:00 do día 24-10-2015 

                      Ata as 12:00 do día 25-10-2015

Data límite inscrición : 08-10-2015
No teléfono 610 850 187 (só tardes) ó nas pistas do Pombal os luns de 18:30h a 22:00h e sábados de 9:30h a 14:30 h.






28 de agosto de 2015

I TORNEO COPA CAMBADOS DE FÚTBOL BASE






O Campo municipal de Burgáns acolle esta fin de semana a disputa do I torneo Copa Cambados de fútbol base, categoría xuvenil.
Os partidos disputaránse durante toda a xornada do sábado, e o domingo pola mañá, coa final ás 13:00h.
Os equipos participantes son o CJ Cambados, Alondras CF, Céltiga CF, Arosa SC, ACD A Seca e USD O Grove. A entrada é gratuita.








14 de julio de 2015

ESTE SÁBADO PRESÉNTASE O XXXI ABERTO INTERNACIONAL ALBARIÑO








XXXI ABERTO INTERNACIONAL ALBARIÑO 
Do 01 ao 08 de Agosto de 2015
O Sábado, día 25 de xullo ás 12:30 horas no “PARADOR NACIONAL DEL ALBARIÑO”. terá lugar a presentación do  ABERTO INTERNACIONAL ALBARIÑO na sua 31º edición.

1.- A organización do presente torneo correrá A Cargo do CLUB DE XADREZ ALBARIÑO, en colaboración coas Federacións Española e Galega de Xadrez.
2.- Poderán participar neste todos aqueles xogadores que posúan licenza federativa, en vigor. Ademais, a Organización resérvase o dereito de aceptar a inscrición daqueles xogadores que crea oportuno.
3.- O Torneo xogarase polo sistema Suízo, á distancia de 9 roldas, do 1 ao 8 de Agosto. Todas as roldas darán comezo ás 17,00 horas, agás a SEGUNDA (día 2, dobre rolda) que comezará ás 10,00 horas e a ÚLTIMA que comezará ás 15,00 horas. Tempo de espera 1 hora.

As sesións de xogo desenvolveranse no Instituto de Bacharelato "Ramón Cabanillas".
Cada xogador pode solicitar ata 3 byes (0,5 puntos), antes da sexta rolda.
INSCRICIÓNS: Teléfonos 986 52 48 63 e 660 68 78 83. macostafuentes@yahoo.es
4.- Ritmo de xogo: 90 minutos +30 segundos de incremento por xogada realizada.
5.- Empregarase o Sistema Suízo FIDE. Nos empates para a clasificación final, empregarase: a) Puntuación progresiva, b) Sistema BOUCHOLZ, pero contabilizando soamente os sete contrincantes de maior puntuación.
6.- Calquera litixio que se presente, será resolto, polo Arbitro Principal. Esta decisión será definitiva, ao obxecto de non paralizar a marcha do Torneo.
7.- Este Torneo, que está incluído no "CIRCUÍTO GALEGO DE XADREZ INTERNACIONAL" e rexistrado na FIDE, é válido para a obtención de ELO NACIONAL E INTERNACIONAL.
8.- ARBITRO: JUAN B. ARANZABE BALCISCUETA


                                      XXIX Torneo Infantil

LUGAR: INSTITUTO RAMÓN CABANILLAS
SISTEMA SUÍZO A 6 ROLDAS Semirrápidas (30 minutos cada xogador)
MÉRCORES 5: 2 ROLDAS A PARTIR DAS 11:00h
XOVES 6: 2 ROLDAS A PARTIR DAS 11:00h
VENRES 7: 2 ROLDAS A PARTIR DAS 11:00h
NOTA: Poderán participar os nacidos no ano 2000 e posteriores.



MÁIS INFO








8 de marzo de 2015

NOVOS ÉXITOS CAMBADESES EN ARTES MARCIAIS






Segundo fin de semana consecutivo de alegrías para os competidores do Club Vital Sport Cambados. Na mañá do sábado día 7, celebrouse no pavillón Príncipe Felipe de Pontevedra, a fase provincial do Campionato Escolar de Combate, no que participaron 175 deportistas de toda a provincia. 
O Club Vital Sport Cambados, e o seu asociado o Club Gym Vital de Caldas de Reis, acudiron a cita con tres competidores, facendo pleno de medallas, o que supón unha grande satisfacción tanto para o Club como para a súa adestradora Noelia Gómez, conseguindo, no caso de Sebastián Medranda, medalla de Oro, o cal gañou o primeiro posto do podio tras disputar a final da categoría Infantil en peso Gallo, competindo contra outro competidor do Club Vital Sport Cambados, Alberto Mosteiro, que obtivo a segunda praza, medalla de Prata, e, no caso de Gabriel Oubiña, tamén excelente actuación conseguindo a terceira praza na categoría Infantil, en peso Minigalo, tendo este o mérito  engadido de ser a súa estrea en competición na modalidade de combate. 

Agora estes tres deportistas prepararán a súa estrea nun campionato Autonómico, ao terse clasificado para o Campionato Escolar Galego de Combate, que se celebrará o día 30 de maio na localidade de Villalba (Lugo).









24 de febrero de 2015

EXCELENTES RESULTADOS DOS CAMBADESES EN VALLADOLID






Bos resultados dos xogadores cambadeses este fin de semana en Valladolid no torneo Estatal. 
Los resultados foron:
FERNANDO PADIN- 5º en SUB23 realizando un gran torneo vencendo xogadores de superdivision como Xavier Peral de Mataró en 1/16 e Adrián Morato de San Sebastian de los Reyes en 1/8 para acabar cedendo de forma axustada ante Moises Alvarez del Álamo en cuartos de final.
GUILLERMO SANCHEZ- 9º en SUB23 cedendo en 1/8 ante Moises Alvarez de forma moi axustada despues de realizar un bo torneo.
MARTIN REGUEIRO- 9º en xuvenil cedendo tambien o 1/8 ante Joan Masip por 3-2 e tambien realizando un bo torneo.
MARIÑA CHAVES- 9º en alevin cedendo tambien en 1/8 ante Claudia Canay e tambien realizando un bo torneo.


Parabéns aos 4 polo bo torneo realizado.




10 de octubre de 2014

O XADREZ EN CAMBADOS VISTO DESDE FORA





JUAN JOSÉ ALONSO SÁNCHEZ SECRETARIO DE LA ASOCIACIÓN TABLERO SANTAPOLERO ESCRIBE ESTE ARTIGO NO "PERIÓDICO DE sANTA POLA" (ASTURIAS) PARA DESTACAR A AFECCIÓN AO XADREZ EN CAMBADOS, COMPARANDOA CO SEU.



    Non o traducimos para que manteña a sua orixinalidade.
    Estimados amigos: Después de dos meses de ausencia de mi querida Santa Pola, me encuentro de nuevo entre vosotros. Han sido unos días veraniegos en los que he visitado diversas ciudades por el centro y norte de España. No os extrañará, si os digo que en todos estos sitios en los que estuve, procuré enterarme de como se encontraba la afición local, si había muchos o pocos interesados en el ajedrez, si se celebraban torneos, si disponían de locales y todo lo que tuviera relación con nuestra afición. Y he de deciros que me alegré mucho al comprobar que en cualquier pueblo de los que estuve, por pequeño que fuese, había personas jugando en locales cedidos por los ayuntamientos o asociaciones de diverso tipo. Muy especialmente me llamó la atención la afición que existe en Cambados en la provincia de Pontevedra. Cambados es un pueblo que tiene 13,500 habitantes y está en la ría de Pontevedra. Este pueblo, mucho mas pequeño que Santa Pola, viene celebrando desde hace treinta años un torneo internacional de ajedrez. Este año estaba convocado entre los dias 1 y 9 de agosto, lo que coincidió con mi estancia. El Ayuntamiento había cedido la sala de deportes del instituto Ramón Cabanilles para el torneo, en la que se daban los premios. No sé cuantas personas estaban inscritas en el torneo de este año, pero yo conté más de 40 mesas en la sala que se habían preparado para la celebración y me informaron que en el torneo anterior se clasificaron 81 jugadores de diversas nacionalidades.
    La presentación se hizo en el Parador Nacional que hay en el mismo pueblo. Un edificio soberbio que dio mucho brillo al acto. En este torneo participan jugadores de diversos países.Los ganadores han sido, con frecuencia, procedentes de Cuba, Rumanía, Rusia, Argentina, Perú, etc. y en menor medida de España. Paralelo al anterior, se jugaba también el XXVIII torneo infantil. En otros pueblos de la zona como Mondariz o Ferrol, se estaban preparando torneos que forman el Circuito Gallego del Ajedrez. Antes, os escribía que me alegré al ver tanta afición y organización, pero tampoco os oculto que sentí envidia de como en sitios con mucha menos población se fomenta e impulsa el ajedrez por parte de los ayuntamientos y empresas comerciales e industriales. Siempre me queda la esperanza que nuestros regidores locales le presten una ayuda más efectiva al AJEDREZ de Santa Pola.


    1 de agosto de 2013

    COMEZA HOXE O XXIX TORNEO INTERNACIONAL DO ALBARIÑO DE XADREZ






    Comeza hoxe en Cambados a a XXIX edición do Aberto Internacional do Albariño que se vai a celebra ata o 9 de agosto no salón de actos do instituto Ramón Cabanillas. O cubano Arián González defende o título do ano pasado. Serán un total de 77 os xogadores que entren en liza esta tarde a partir das 17 horas, de entre os que destacan á marxe do cubano, Ibragim Khamrakulov, Ilmars Starostits, Diego Guerra, Rafael Rodríguez, Dragan Paunovic, Toms Kantans, Nikita Meskovs e Ayelen Martínez.
    Repartiranse premios en metálico que roldan desde os 1.100 euros do primeiro clasificado, aos 150 euros para o que se clasifique en 15º lugar, coa peculiaridade de que os premios repártense a partes iguais entre todos os empatados.

    O Club Xadrez Albariño de forma paralela ao Aberto Internacional tamén celebra un torneo infantil mañá. A inscripción permanece aberta e todos os interesados poden anotarse e solicitar información vía telefónica nos números 986 524 863 e660 687 883, ou mediante e-mail na dirección macostafuentes@yahoo.é.
    Cabo recordar que o Aberto do Albariño no seu XXIX edición rende este ano homenaxe a título póstumo a Isidoro Pintos Costa, socio e persoa moi vinculada ao club falecido fai uns meses.







    7 de marzo de 2013

    RESULTADOS DO TORNEO FUTBOL-SALA CONCELLO DE CAMBADOS




    O pasado sábado disputouse a primeira xornada do torneo de fútbol-sala Concello de Cambados a continuación tedes os resultados e clasificacións.
    Queda para o vindeiro sábado a fase final na que participarán os dous primeiros de cada grupo.

















    Sorte a todos.



    1 de marzo de 2013

    CALENDARIO DO TORNEO DE FUTBOL-SALA CONCELLO DE CAMBADOS




    Aquí tedes o calendario da primeira fase do torneo de fútbol-sala que comeza mañá.

    Lembrade que o torneo desenrolarase da seguinte maneira:
    TORNEO: Límite 16 equipos. Frase previa de grupos con catro grupos de catro equipos. O sábado dia 2 xogarán dous grupos pola mañán e dous pola tarde a partires das 18 h.  Pasan dous equipos por grupo as eliminatorias do día 9 de marzo. A duración dos encontros será de 20 minutos en fase de grupo e 25 minutos en eliminatorias.

    PREMIOS: En metálico os tres primeiros clasificados e o balón do torneo o máximo goleador. E agasallo de camisetas de deporte a todos os participantes. 
     

    28 de febrero de 2013

    DERRADEIRO DIA PARA INSCRIBIRSE NO TORNEO DE FUTBOL SALA "CONCELLO DE CAMBADOS"






    Os vindeiros 2 e 9 de marzo terá lugar en Cambados, concretamente no Pavillón dos Salesianos de Castrelo un Torneo de Futbol sala, con premios en metálico.

    INSCRIPCION: 5 € participante (3 de inscripción e 2 de seguro). Inscribete enviando un correo co nome do equipo e os nomes e DNIs dos participantes. A data límite de inscripción é o vindeiro 28 de febreiro. Para inscribirte remite un correo a torneofutsalcambados@gmail.com . A inscripción conleva o abono da mesma, que se entregará media hora antes do primeiro partido de cada equipo. A comunicación dos horarios do torneo farase o qorreo con que se inscriba cada equipo. A Composición dos grupos será por orde de inscripción.

    TORNEO: Límite 16 equipos. Frase previa de grupos con catro grupos de catro equipos. O sábado dia 2 xogarán dous grupos pola mañán e dous pola tarde a partires das 18 h.  Pasan dous equipos por grupo as eliminatorias do día 9 de marzo. A duración dos encontros será de 20 minutos en fase de grupo e 25 minutos en eliminatorias.

    PREMIOS: En metálico os tres primeiros clasificados e o balón do torneo o máximo goleador. E agasallo de camisetas de deporte a todos os participantes.