Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de julio de 2015

ESTE SÁBADO PRESÉNTASE O XXXI ABERTO INTERNACIONAL ALBARIÑO








XXXI ABERTO INTERNACIONAL ALBARIÑO 
Do 01 ao 08 de Agosto de 2015
O Sábado, día 25 de xullo ás 12:30 horas no “PARADOR NACIONAL DEL ALBARIÑO”. terá lugar a presentación do  ABERTO INTERNACIONAL ALBARIÑO na sua 31º edición.

1.- A organización do presente torneo correrá A Cargo do CLUB DE XADREZ ALBARIÑO, en colaboración coas Federacións Española e Galega de Xadrez.
2.- Poderán participar neste todos aqueles xogadores que posúan licenza federativa, en vigor. Ademais, a Organización resérvase o dereito de aceptar a inscrición daqueles xogadores que crea oportuno.
3.- O Torneo xogarase polo sistema Suízo, á distancia de 9 roldas, do 1 ao 8 de Agosto. Todas as roldas darán comezo ás 17,00 horas, agás a SEGUNDA (día 2, dobre rolda) que comezará ás 10,00 horas e a ÚLTIMA que comezará ás 15,00 horas. Tempo de espera 1 hora.

As sesións de xogo desenvolveranse no Instituto de Bacharelato "Ramón Cabanillas".
Cada xogador pode solicitar ata 3 byes (0,5 puntos), antes da sexta rolda.
INSCRICIÓNS: Teléfonos 986 52 48 63 e 660 68 78 83. macostafuentes@yahoo.es
4.- Ritmo de xogo: 90 minutos +30 segundos de incremento por xogada realizada.
5.- Empregarase o Sistema Suízo FIDE. Nos empates para a clasificación final, empregarase: a) Puntuación progresiva, b) Sistema BOUCHOLZ, pero contabilizando soamente os sete contrincantes de maior puntuación.
6.- Calquera litixio que se presente, será resolto, polo Arbitro Principal. Esta decisión será definitiva, ao obxecto de non paralizar a marcha do Torneo.
7.- Este Torneo, que está incluído no "CIRCUÍTO GALEGO DE XADREZ INTERNACIONAL" e rexistrado na FIDE, é válido para a obtención de ELO NACIONAL INTERNACIONAL.
8.- ARBITRO: JUAN BARANZABE BALCISCUETA


                                      XXIX Torneo Infantil

LUGAR: INSTITUTO RAMÓN CABANILLAS
SISTEMA SUÍZO A 6 ROLDAS Semirrápidas (30 minutos cada xogador)
MÉRCORES 5: 2 ROLDAS A PARTIR DAS 11:00h
XOVES 6: 2 ROLDAS A PARTIR DAS 11:00h
VENRES 7: 2 ROLDAS A PARTIR DAS 11:00h
NOTA: Poderán participar os nacidos no ano 2000 e posteriores.



MÁIS INFO








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.