Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta FUTBOL GAÉLICO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta FUTBOL GAÉLICO. Mostrar todas las entradas

22 de mayo de 2019

TERCEIRA ARRIBADA GAÉLICA EN CAMBADOS


III Arribada Gaélica organizada polo Cambados Gaélico e o concello de Cambados, o evento que reúne barcos tradicionais, música e fútbol gaélico. 

Calendario
Venres, 7 de junio de 2019
19:00
Arribada dos barcos ó porto de Tragove
21:00
Foliada na Praza de Alfredo Brañas
22:00
Concerto de Onte e Hoxe na Praza de Alfredo Brañas

Sábado, 8 de junio de 2019
10:00 - 14:00
Torneo de Fútbol Gaélico
16:00 - 2:00 (pola noite)
Concertos no Parque de Torrado


26 de noviembre de 2018

PRIMEIRA VITORIA PARA O CAMBADOS GAÉLICO


O encontro enfrontaba a dous rivais directos e servía en ambos casos para comprobar cales son as sensacións dos dous equipos: Estrela Gaels e Cambados Gaélico. O comezo foi terrible para os locais, que comezaron encaixando varios goles grazas a un gran atino dos cambadeses. O resultado ao descanso era un desigual 4-18. 
Logo do descanso, os Gaels tentaron recortar distancias cunha presión moi alta e actuacións individuais. Porén, os visitantes tiraron de veteranía e tentaron parar o xogo todo o posible. A inchada local desfrutou da capacidade de reacción dos seus que, cun gol de Matías Montenegro "Matigol", volvían meterse no partido pero por pouco tempo. 
Mais a experiencia do combinado cambadés rematou levando a vitoria ao Salnés. Partido positivo para ambos equipos, posto que no conxunto local debutaron xa máis de 15 xogadores e primeira vitoria para o Cambados Gaélico. Resultado final Estrela Gaels 1-11(14)/ 6-5 (23) Cambados.
O fin de semana que ven hai parón de Liga.
Clasificación



4 de abril de 2018

O CAMBADOS GAÉLICO APADRIÑA A SOCIO, UN CAN DO REFUXIO



O Cambados Gaélico apadriña a Socio, un can do refuxio.

Este, un doberman de 10 meses, tivo que ser operado de urxencia polos veterinarios do refuxio de Cambados por ter un corpo estraño no estómago.

Para axudar a atoparlle unha familia e que se recupere, os xogadores do equipo cambadés decidiron apadriñalo e realizar unha recolleita de alimentos e xoguetes para os cans da protectora.

A recolleita terá lugar este sábado no último partido de Liga no que o Cambados Gaélico se enfrentará ao Dorna.

A cita será ás 18:30 no campo de fútbol de O Pombal.

Non faltedes, os peludos agradecerán a vosa axuda e o Cambados Gaélico os vosos animos!





7 de junio de 2017

O FÚTBOL GAÉLICO INTÉGRASE NA FEDERACIÓN GALEGA DE FÚTBOL












A Federación Galega de Fútbol e a Asociación Galega de Fútbol Gaélico certificaron a integración do puxante fútbol gaélico no ámbito federativo. O presidente da FGF, Rafael Louzán, e o presidente da AGFG, Iván Villalón, asinaron o convenio que completa o proceso de integración e que convirte ao fútbol gaélico nunha especialidade do noso fútbol, tal e como xa fora aprobado na Asamblea Xeral da Federación.

Este acordo pecha un constructivo proceso de negociación que durou varios meses e que remata nunha integración positiva para as dúas partes. A FGF tratará de contribuir ao crecemento dunha especialidade que medrou moito nos últimos anos en Galicia e que conta con 13 clubs inscritos e máis de 400 xogadores.

A AGFG foi a primeira en organizar unha liga regular fóra do país orixe do deporte, Irlanda, e conta tamén cunha selección galega recoñecida pola Asociación Atlética Gaélica (GAA), máximo organismo internacional, a cal acadou o podio nos últimos dous mundiais.

Louzán puxo a federación a disposición do novo Comité de Fútbol Gaélico que se forma dentro da propia estrutura federativa, e ofreceu a súa colaboración para resolver calquer problema que xurda a partir de agora.





26 de mayo de 2017

1º TROFEO "ARRIBADA GAÉLICA RÍA DE AROUSA"













O 17 de Xuño xógase o primeiro trofeo "Arribada Gaélica Ría de Arousa", donde imos ter de todo!!!
Este ano os 3 equipos da Ría de Arousa loitaremos por ver quen se proclama como mellor equipo... ¿será Mecos FG, Dorna FG, ou polo contrario quedará a copa na casa?
Os 3 equipos chegaremos o porto de tragove en dornas, e de ahí ghaiteirada e festa ata o campo, loitaremos... daranse os premios, despois de volta a tragove para finalizar a festa cun bó tercer tempo e de volta as dornas para despedir os equipos.. 
Pero ollo, porque ahí non termina todo, a noite temos churrascada e concertos con grupos locais en Brañas!!
Non te perdas a festa do gaélico!!! 
Todo isto non sería posible sen as asociacións de dornas, os grupos locais e toda a xente que está disposta a botar unha man, graciñas!!!
Programa:
9:00 Saída da navegación
12:30 Chegada dos equipos en barcos ao porto de Tragove
13:00 Comezo dos partidos no Pombal
16:30 Entrega de premios
18:30 Despedida dos equipos no porto de Tragove
22:00 Cea e concertos na Praza de Alfredo Brañas