Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta STOP DESAHUCIOS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta STOP DESAHUCIOS. Mostrar todas las entradas

6 de agosto de 2013

NACE STOP DESAHUCIOS PONTEVEDRA







Entre doce e catorce execuciós de hipotecas están despachando os xulgados pontevedreses todos os días, segundo comentou Isaac Piñeiro, vocal da Plataforma de Afectados por Desahucios en Pontevedra.

A gravidade do problema está camuflado polo decreto do Goberno Central, que paraliza durante dous anos a ejecución dos desahucios, pero a situación será moito máis delicada transcorrido esta marxe de tempo, porque as economías serán moito máis críticas, segundo Carmen Fouces, concelleira de Servizos Sociais en Pontevedra.



Esta mañá presentouse en sociedade esta Plataforma vinculada a un colectivo que xurdiu en Barcelona e que, na actualidade, conta con 185 representacións en todo o territorio nacional.

En Pontevedra a Plataforma de Afectados polos Desahucios esta nacendo, e conta con 40 integranntes que están traballando intensamente en varios niveis, como describe Gonzalo de Francisco Meirelles, o seu presidente.

Dentro das actividades despregadas conseguiron dous alugueres sociais en Pontevedra, para familias que perderon a súa vivenda, e nas próximas datas pensan levar a acabo un programa de actos, para darse a coñecer en Pontevedra, e, sobre todo, para gañar a partida aos seus principais inimigos, os bancos.


O próximo mes de setembro comentaron estes portavoces, teñen previsto celebrar unha asemblea aberta a todo o mundo.






Máis información en afectadosporlahipoteca.com ou no tfno  625.515.191.






3 de enero de 2013

COMUNICADO DE STOP DESAFIUZAMENTOS DE VILAGARCÍA





O vindeiro día 4 venres, a Plataforma STOP DESAFIUZAMENTOS de Vilagarcía convoca a unha concentración, que será as 19:30 horas, na Praza de Galicia, co obxeto de lembrar que dende o 2.007 se produxiron máis de 400.000 execucións hipotecarias, coa evidente inxustiza social, unha vez que as familias desafiuzadas non son culpables, senón víctimas de un sistema financeiro atroz que prima o capital por riba dos dereitos individuais e colectivos de todos nós. 

Dende as diferenes Plataformas "Stop Desafiuzamentos" de Galicia ESIXIMOS, entre outras cousas:

- Responsabilidades políticas e penais no conxunto da banca estatal.
- Paralización de todos os procesos de desafiuzamento.
- Dación en pago con efecto retroactivo.
- Parqué de alugueiro social das viviendas incautadas pola banca.

STOP DESAFIUZAMENTOS DE Vilagarcía




29 de diciembre de 2012

MANIFESTACION DE STOP DESAHUCIOS






O colectivo Stop Desahucios manifestouse a última hora de onte polas rúas das principais cidades galegas para reivindicar o dereito á vivenda como un dereito "sobre todo, humano, e non só constitucional".

En Santiago algo máis de medio centenar de persoas secundaron a movilización na que este colectivo esixiu a paralización de todos os procesos de desahucio en marcha e a dación en pago con efecto retroactivo, entre outras "esixencias". Ademais, tamén reivindican un parque de aluguer social das vivendas "incautadas pola banca", xa que o dereito á vivenda "debe estar por encima do mercado".

Tamén pediron que se depuren responsabilidades penais, políticas e de xestión no conxunto da banca. "Todos somos vítimas de estáfaa inmobiliaria e dos bancos, que actuaron de mala fe", afirma Stop Desahucios, que considera que cada desahucio é "un asasinato" e non únicamente os que terminan en suicidios, xa que as persoas que os sofren, "as vítimas, atópanse moitas veces en auténticas situacións de morte social: sen casa, sen traballo e con débedas insostenibles".

Entre os manifestantes en Santiago estaba o portavoz de AGE, Xosé Manuel Beiras. As concentracións tamén foron apoiadas polo sindicato CIG e o BNG, con Ana Pontón e Ruben Cela cabeza, que animaron a acudir ás manifestacións.