Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta SOGAPS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SOGAPS. Mostrar todas las entradas

21 de abril de 2016

CAMPAÑA SOLIDARIA "VACACIONES EN PAZ"









Vacacións en paz é un programa de acollida de nenos e nenas procedentes dos campamentos de refuxiados saharauis por familias solidarias galegas. En Galicia, a petición expresa das autoridades do goberno da República Árabe Saharaui Democrática, este programa lévase a cabo pola ONG “Solidariedade Galega co Pobo Saharaui” (SOGAPS)Galicia ven participando nesta iniciativa solidaria dende o ano 1991 ofrecendo ás familias saharauis a posibilidade de que as súas fillas e fillos, nos meses de xullo e agosto cando as temperaturas no deserto alcanzan ata os 50º, gocen dunha estancia agradable, humana e culturalmente rica, baixo a supervisión e os coidados das familias galegas acolledoras. Ademáis, aproveitando as vacacións, os nenos son sometidos a recoñecemento médico e, de ser o caso, ao tratamento que corresponda.
Pero traer aos nenos do deserto non é tarefa doada. A ONG debe facer un esforzo moi custoso. Por iso Vacacións en Paz está aberto a todas as persoas que solidariamente desexen contribuír e axudar para procurar traer o máximo de cativos. Por eso SOGAPS solicita ás familias dos escolares galegos una pequena achega económica ao programa de acollida. Se cada escolar galego achega tan só un euro é posible que moitos nenos saharauis pasen un verán feliz en Galicia.