Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de noviembre de 2018

PRESENTADOS OS ALUMNOS DO OBRADOIRO DE EMPREGO



A vindeira semana poñerase en marcha o Obradoiro de Emprego “Cambados Ruta Marítima Camiño de Santiago”, 20 alumnos formaranse en Carpintería de Madeira e Xardinería Forestal, subvencionado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Os anteriores Obradoiros do Concello de Cambados acadaron un grado de ocupación superior o 70%, o que demostra o alto indice de inserción dos obradoiros de emprego que se realizarón en Cambados.
Os alumnos aproveitarán a súa formación para levar a cabo durante este curso prácticas coas que se acondicionará e mellorarán as rutas marítimas do camiño de Santiago ao seu paso por Cambados, así como se recuperarán zonas verdes do casco urbano.
Tódalas aquelas persoas que participan no mesmo estaban inscritas como demandantes na Oficina de Emprego de Cambados. En concreto contratouse o seguinte persoal:
1 DIRECTOR
2 DOCENTES para a impartición dos referidos módulos
1 TITOR
1 ADMINISTRATIVO
10 ALUMNO-TRABALLADOR XARDINERIA-FORESTAL
10 ALUMNO-TRABALLADOR CARPINTARÍA
A finalidade deste obradoiro de emprego é por un lado a formación e o emprego dun dos colectivos máis prexudicados pola crise como son os maiores de 45 anos e os mozos e, por outro lado, dar resposta á demanda dos cambadeses tanto do casco histórico como das parroquias do rural e, máis en concreto, dos emprendedores do sector do turismo e do comercio, para mellorar a imaxe patrimonial, cultural e de ocio, fomentando o turismo e facilitando a desestacionalización do mesmo neste Concello.
Rexeneración Urbana e no Rural
Por outra banda, o Concello de Cambados vai acometer unha serie de actuacións tanto no núcleo urbano coma nas parroquias, así tense previsto realizar un total de seis actuacións/servizo ao longo dos 9 meses de duración do Obradoiro. Ás actuacións deste proxecto van encamiñadas a mellorar a calidade de vida dos cambadeses e visitantes, dar impulso aos itinerarios artísticos-culturais e apoio ás demandas dos sectores do Concello de Cambados.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.