Hai uns días chegaba a nos unha mensaxe de María Torres de Vigo, neta e biznieta de republicanos, escritora, poeta, memorialista, e investigadora histórica.
Esta muller está levando a cabo unha investigación para un libro sobre os vigueses que participaron na II Guerra Mundial (exiliados, deportados, combatentes, resistentes, mariños, espías...) e querría contactar con familiares de todos os homes e mulleres que van aparecendo ao longo da sua investigación. Empezou con trece e xa pasan dos corenta.
José Cores Galiñanes naceu en Cambados pero trasladouse a Vigo (Rúa Real) Era mariño e na guerra estivo na frota republicana. En marzo de 1939 chegou ao Norte de África e logo viviu en Moscova.
Outro dato que se atopou é que os seus pais chamábanse José e Peregrina.
Por un sumario do Arquivo Naval de Ferrol sábese que a nai de José chamábase PEREGRINA GALIÑANES GARCÍA. En 1936 tiña 47 anos e estaba xa viúva. Era natural e veciña de Cambados. Xornaleira de profesión.
Tamén se atopou o nome dunha muller con idénticos apelidos pero non hai certeza de que esta muller falecida hai uns meses puidera ser irmá de José, o seu nome era Luzdivina Cores Galiñanes
Agradeceríase calquer información que puidera facilitar o atopar a familiares de José. Calquer información pódese mandar por mensaxe á páxina do Facebook "CORES DE CAMBADOS" ou ben comentando debaixo deste artigo.

