Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta GOLF. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta GOLF. Mostrar todas las entradas

18 de julio de 2019

SEMANA DE OURO DO ALBARIÑO DE GOLF


O Campo de Golf de Meis celebra a III  Semana de Ouro do Albariño Concello de Cambados do 22 ao 28 de xullo.
Este torneo será patrocinado polas adegas Pazo Señoráns, Lagar de Pintos, Paco&Lola, Terras de Asorei e Martin Códax.
O campionato constará de cinco probas clasificatorias e unha gran final que se disputará o domingo 28 de xullo.




12 de julio de 2018

O CONCELLO DE CAMBADOS CELEBRA A II SEMANA DE OURO DO ALBARIÑO DO 23 AO 29 DE XULLO

O Concello de Cambados e o campo de Golf de Meis dan continuidade á colaboración e celebran a segunda edición da Semana de Ouro do Albariño, que tivo un gran éxito en canto a participación na súa primeira edición.
Nesta ocasión volve tratarse dunha actividade que se desenvolverá no campo de golf de Meis e consiste en 5 días de competición independentes e clasificatorios, cada día está patrocinado por unha adega, e cada un dos días ten os seus propios premios que cada adega entregará na súas instalacións para que os participantes poidan coñecer a adega e degustar o Albariño de cada unha. A posterior, o día 29 celebrarase unha gran final na que tamén participarán todas as bodegas e na que competirán a metade dos participantes máis os 3 mellores tarxetas. O premio será unha folla de prata doada polo Concello de Cambados.
Con estas actividades o Concello de Cambados pretende dar a coñecer o Val do Salnés e que a xente se achegue a coñecer Cambados e que desfruten do enoturismo coñecendo tamén as adegas de Albariño.
O programa da semana será o seguinte: 
  • Día 23.- Bodega Paco y Lola
  • Día 24.- Bodega Lagar de Pintos
  • Día 25.- Adega Terra de Asorei
  • Día 26.- Bodega Gran Bazán
  • Día 27.- Bodega Martín Códax
  • Día 29.- FINAL
As inscricións están abertas e en principio poden chegar até os 240 xogadores. Poden inscribirse no 986 68 04 00 ou en www.campodegolfmeis.com con prezos de:
  • GREEN-FEE NON ABOADO SEMANA 75€
  • ABOADOS SEMANA 50€
  • PREZO POR DÍA ABONADO 20€
  • PREZO POR DÍA NON ABOADO 30€

Para calquer consulta ou dúbida ao respecto por favor chamar ao 986 68 04 00 Campo de Golf Meis.