Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta EXPORTACIONS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EXPORTACIONS. Mostrar todas las entradas

25 de junio de 2016

CRECEN AS EXPORTACIÓNS DE VIÑO BRANCO EN GALICIA










O Observatorio Español del Mercado del Vino vén de facer público o seu último informe correspondente co primeiro trimestre do ano e, segundo os datos que proporciona Aduanas, as exportacións galegas de viño branco envasado crecen chegando a situar á comunidade autónoma no terceiro posto de España no que ao valor económico se refire.
O valor das exportacións aumentou un 16,8% mentres que o volume medrou un 9,1%, co que Galicia se converte na sexta comunidade exportadora no que a volume se refire. Así, entre xaneiro e marzo deste exercicio exportáronse 2,1 millóns de litros de viño branco envasado cun valor económico superior aos 6,5 millóns de euros, o que representa máis do 10% do estatal. En toda España o valor desta bebida chegou aos 64,4 millóns de euros.
Respecto ao prezo, a media en Galicia está en 3,07 euros o litro (aumenta un 7,1% respecto ao ano anterior), unha cifra moi por riba da media estatal que se sitúa en 1,41 euros.
Galicia é a segunda comunidade, só por detrás de Castela-A Mancha, que máis aumenta en termos absolutos de facturación con respecto ao mesmo período do ano pasado, crece en máis de 938.000 euros chegando aos 6,5 millóns de euros só no primeiro trimestre. Tamén é a quinta que máis aumenta en volume exportado, preto de 200.000 litros máis que no primeiro trimestre de 2015.





3 de mayo de 2016

A D.O. RÍAS BAIXAS PECHA 2015 CON MÁIS DE 20 MLLS DE LITROS DE VIÑO CUALIFICADO











A Denominación de Orixe Rías Baixas pechou o exercicio 2015 facendo historia, ao cualificar un total de 20.344.167 litros de viño, o que supón un incremento do 5 % sobre o exercicio anterior. Estas cifras confirman o esforzo que vén realizando este sector para seguir consolidando e ampliando os seus mercados, de acordo coas suxestións recollidas no Plan Director redactado pola Escola de Negocios Afundación. O presidente do Consello Regulador, Juan Gil de Araujo, sinala que "nestas cifras reflíctese o esforzo humano e económico dun sector que elabora uns viños de alta calidade, cuxo mellor aval é o seu crecemento nos mercados, e o feito de que o consumidor os estea valorando na súa xusta medida".

Esta tendencia tamén se está cumprindo no mercado internacional, onde os viños de Rías Baixas creceron un 7,6 % en volume, alcanzando as 7.728.544 botellas; e un 5,68 % en valor, chegando aos 29.951.759 euros durante o pasado exercicio. Deste xeito, as exportacións representan máis do 28 % do total do viño cualificado en Rías Baixas.

Un total de 97 adegas, das 183 adscritas á Denominación, comercializaron os seus viños nalgún dos seis mercados onde o Consello Regulador ha activado plans de exportación (Estados Unidos, Reino Unido, México, Irlanda, BENELUX e Xapón) ou nalgún outro onde este Consello organiza accións de promoción puntuais como Suíza, China ou Canadá. Todo iso co fin de reforzar a presenza dos viños de Rías Baixas apoiando así o esforzo exportador das adegas.







6 de marzo de 2013

SEGUEN A CRECER AS EXPORTACIÓNS DOS RIAS BAIXAS







Os viños da D.O. Rías Baixas chegan xa a 57 países de todo o mundo. Son uns resultados "magníficos", segundo o presidente do Consello Regulador, Juan Gil de Araujo. E é que as exportacións incrementaron en máis do 17 por cento en volume e máis dun 16 por cento en valor durante o exercicio 2012. Uns datos que se traducen nunhas vendas de case cinco millóns de litros e un movemento económico que supera os 26 millóns de euros.
As vendas ao exterior xa supoñen o 26,5 por cento do total de viño cualificado, cifras que Juan Gil de Araujo achacou a que "son a recompensa ao traballo dun sector que dende o principio tivo claro onde debería volcar os seus esforzos por medrar". En total, 88 das 185 adegas da D.O. Rías Baixas están presentes en países estranxeiros, algúns deles tan afastados como Australia, Nova Celandia, ou Xapón.
"Estamos nos cinco continentes, pero noso obxectivo é consolidarnos e medrar. E para elo contamos con un completo e ambicioso programa de promoción e que agardo que nos permita seguir crecendo fuera e dentro do noso país", explicou o presidente do Consello Regulador. "No podemos quedarnos saboreando las mieles del éxito".
Segundo explicou o gerente da D.O. Rías Baixas, Ramón Huidobro, Estados Unidos segue acaparando máis do 50 por cento das vendas internacionais con máis de 2,5 millóns de litros e un movemento económico superior aos 12 millóns de euros. Séguelle o Reino Unido, principal cliente no continente europeo con 537.604 litros, traducido en euros, 2,6 millóns. Completan o ranking dos dez principais destinos: Alemaña, Puerto Rico, Holanda, México, Suiza, Irlanda, Noruega e Bélxica.

Pero Huidobro celebrou o crecemento que o viño albariño experimentou en 2012 no mercado asiático, onde supera xa a barreira dos 100.000 litros, especialmente en Xapón. Máis aló diso, destacou a entrada de Rías Baixas en países tan diferentes como Corea do Sul, Israel, as illas Bermudas, Vietnam, Tailandia, Ecuador ou Kazaxistán, aínda que recoñeceu que "queda mucho más mercado por explorar".
En todo caso, Huidobro adiantou que se levarán a cabo acciones promocionais para consolidar o mercado exterior, entre as que destacou misións inversas, catas selectivas ou a presenza de Rías Baixas en feiras internacionais.