Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.
Mostrando entradas con la etiqueta EMÉRITA MÉNDEZ. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta EMÉRITA MÉNDEZ. Mostrar todas las entradas

11 de junio de 2018

EMÉRITA MÉNDEZ EXPÓN EN TORRADO A PARTIR DO VENRES 15



Dentro da programación de exposicións no pazo de Torrado durante o ano, tócalle agora a quenda á cambadesa Emérita Méndez, que expoñerá entre o 15 de xuño e o 15 de xullo. A exposición poderá ser visitada do 15 de xuño ao 15 de xullo, de martes a domingo entre as 18 e as 21 horas. Méndez ten xa unha dilatada carreira artística ás súas costas, pero estivo de actualidade fai un par de veráns, ao gañar o concurso de deseño convocado polo Concello de Cambados para seleccionar o cartel da Festa do Albariño. Méndez xa ilustrou a propaganda da festa de Cambados en dúas ocasións na década dos 70. Emérita Méndez naceu en Castro de Rei (Lugo), aínda que reside desde hai décadas en Cambados. Expuxo en ducias de galerías e salas públicas galegas e de Portugal desde a década dos 90. É licenciada en Historia da arte pola Universidade de Santiago de Compostela e en Belas Artes pola de Vigo.


7 de julio de 2014

NOVA EXPOSICIÓN DE EMÉRITA MENDEZ





A cambadesa Emérita Mendez inaugura este xoves dia 10 unha exposición que leva por título "MIL PALABRAS". A partires das 20:30 horas na  vilagarciana SALA DE EXPOSICIÓNS RIVAS BRIONES na rúa Alcalde Rey Daviña. A exposición permanecerá aberta ata o 19 de agosto.